Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a subministración e instalación dun compresor para recarga de botellas de aire respirable con destino ó Servicio de Extinción de Incendios e Salvamento, debendo axustarse ás características técnicas sinaladas no prego de condicións.

Tipo de licitación: ascende a 3.985.000 ptas. IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro

do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Garantía provisional: non se esixe.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Telf.: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación:

1. Melloras á oferta (mantemento gratuíto, cursos de manexo, etc.): ata 10 puntos.

2. Mellor oferta económica: ata 5 puntos.

Garantías: definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona..., con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación... DNI ou CIF nº... e domicilio en..., participa no concurso, por procedemento aberto, para a subministración e instalación dun compresor para a recarga de botellas de aire respirable no parque de bombeiros do concello de Santiago de Compostela, e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... (en letras e números) ptas., que supón unha baixa de... (en letras e números) ptas. con respecto ó tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por....

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

O alcalde

Rubricado