Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.175

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a redacción do proxecto de reurbanización da zona comprendida entre a confluencia da Avda. de Rosalía de Castro-Avda. Xoán Carlos I-Casas de Compostela-Tras do Pilar ata a confluencia definidia por Campo da Estrela-Porta Faxeira-Rúa da Senra, incluíndo a propia Avda. de Xoán Carlos I e Carreira do Conde.

Tipo de licitación: 5.011.200 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: para a realización da totalidade dos traballos establécese un prazo dividido en dúas fases.

Unha primeira de avance (proxecto básico), que terá por obxecto un estudio previo ou simultáneo ó de execución do aparcadoiro.

Unha segunda de definición de proxecto executivo trala validación municipal da primeira, que incluirá as determinacións de coordinación co proxecto do aparcadoiro.

Para a primeira fase establécese un prazo máximo de dous meses.

Para a segunda fase establécese o prazo dun mes desde a validación indicada.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de trece días naturais, que comezará a contarse e se entenderá aberto desde o día seguinte ó da data da derradeira das publicacións que corresponde facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que se especifican no epígrafe criterios de adxudicación do prego de condicións.

Garantías: definitiva: 4% do tipo de licitación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o seguinte día hábil á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... e teléfono... toma parte no concurso, por pro

cedemento aberto, para a adxudicación dos traballos de... e para os efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de... ptas.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións deste contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre:

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por....

En... o... de... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do concello, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

Santiago de Compostela, 7 de marzo de 2000.

P.D.

Luis Toxo

Tenente alcalde