Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.174

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2000 pola que se anuncian os concursos que se citan.

1. Obxecto do contrato: é o de establece-las condicións técnicas para a realización do Plan especial director de ordenación e rehabilitación do Camiño Francés de Santiago (PE 3).

Tipo de licitación: 35.000.000 de ptas. IVE incluído.

2. Obxecto do contrato: redacción do Plan parcial de Castro de Abaixo, no solo delimitado como urbanizable non programado número 22 (SUNP-22).

Tipo de licitación: 2.655.240 ptas. IVE incluído.

3. Obxecto do contrato: redacción do Plan parcial Chouchiños, no solo delimitado como urbanizable non programado número 21 (SUNP-21).

Tipo de licitación: 4.259.520 ptas. IVE incluído.

4. Obxecto do contrato: redacción do Plan parcial de Pontepedriña II, no solo urbanizable programado número 7 (SUP-7).

Tipo de licitación: 3.806.250 ptas., IVE incluído.

5. Obxecto do contrato: redacción do Plan parcial da estrada de Vigo, no solo delimitado como urbanizable non programado número 23 (SUNP-23).

Tipo de licitación: 4.259.520 ptas. IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución das distintas asistencias técnicas será de acordo co sinalado nos correspondentes pregos de condicións.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela dentro do prazo de vinteseis días naturais, que comezará a contarse e entenderase aberto desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela. (Departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os que se especifican no punto «criterios de adxudicación» dos respectivos pregos de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do tipo de licitación, que poderá constituírse en forma de retención de parte do prezo.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12 horas, o quinto día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposición:

Don/a... con domicilio en... rúa... nº... teléfono... con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) nº... actuando en nome propio (ou en representación de... DNI ou CIF nº... e domicilio en... e teléfono... toma parte no concurso por procedemento aberto para a adxudicación dos traballos de..., e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece o prezo de... ptas.

2) Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

3) Que presenta a documentación esixida no prego de condicións.

En..., ... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso... presentada por...

En..., ... de... de 2000.

O/a licitador/a (asinado e rubricado).

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación expóñense ó público os pregos de condicións, contra os que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 10 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado