Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, na súa sesión do 24 de febreiro de 2000, o proxecto de urbanización da nova rúa prolongación rúa Campo das Redes, promovido por Lino Couñago Taibo, en nome e representación de Redondela Promociones Constructivas, S.L., e redactado polo enxeñeiro de camiños, canles e portos Manuel Cameáns Rodríguez, de conformidade co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedando o

expediente á disposición de quen queira examinalo e presentar alegacións.

Redondela, 9 de marzo de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde