Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.173

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

Ó abeiro do establecido no artigo 233 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, mediante o presente anuncio procédese á publicación dun extracto do anuncio públicado no BOP de Pontevedra nº 48, do 9-3-2000.

Obxecto: contratación con carácter laboral e indefinido dunha praza de técnico superior de servicios sociais.

Modalidade de selección: concurso.

Requisitos dos aspirantes: español ou cidadán da CE, maior de 18 anos, título de licenciado universitario, non padecer doenza física que impida o desempeño das funcións propias do cargo e non estar separado do servicio ás administracións públicas mediante expediente disciplinario.

Solicitudes e admisión: o prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir da publicación do anuncio desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Lalín , 15 de marzo de 2000.

Camilo González Bodaño

Alcalde accidental