Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 68/2000.

Ó non ser atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte ó da súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente previo á resolución; trascorrido aquel contará cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que considere oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 68/2000.

Acta Inf. nº 1395/1999.

Empresa: Soluciones Constructivas Gallegas, S.L.

NIF/DNI: B-15.672.231.

Enderezo: Avda. de Castelao, nº 34 B-baixo. Santiago de Compostela.

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente: acta de infracción. Publicación no BOP e no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela.

Proposta de sanción: 350.000 ptas.

A Coruña, 13 de marzo de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña