Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.170

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as resolucións dos expedientes sancionadores na orde social 417 e 429/1999.

Ó non seren atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador, informándoos de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndolles que de non ser interposto en tempo e forma disporán dun mes de prazo para aboaren a multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia delegación provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

Expediente nº: 417/1999.

Acta nº: 907/99 (I).

Titular nº: Soluciones Constructivas Gallegas, S.L.

NIF/DNI: B-15.672.231.

Enderezo: Avda. Castelao, 34. Santiago de Compostela.

Materia: S.H.

Data Res.: 25-1-2000.

Sanción: 350.000 ptas.

Expediente nº: 429/1999.

Acta nº: 949/99.

Titular: Marigle Promociones, S.L.

NIF/DNI: B-15.498.520.

Enderezo: r/ Domingo Sierra Marcuño, 17. Vilaboa. Culleredo (A Coruña).

Materia: S.H.

Data Res.: 13-1-2000.

Sanción: 0 ptas.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña