Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.171

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 2/2000).

A Alcaldía Presidencia, con data do 7 de febreiro de 2000, dictou a seguinte resolución en relación co polígono H9.12 Camiño A Cubela II:

Primeiro: incoar expediente de modificación do sistema de actuación previsto no PXOM para a execución do polígono H9.12 por ter transcorrido o prazo de tres meses desde a aprobación definitiva do Plan xeral sen que se presentasen o proxecto de estatuto e bases de actuación, optándose para estes efectos polo de cooperación.

Segundo: adverti-los interesados de que no prazo de tres meses poderán facer presentación, reunindo a maioría prevista no artigo 133.2º da Lei 1/1997 (LSG), do documento Bases e estatutos da xunta de compensación, no que se procederá ó arquivo do expediente incoado. Se durante o prazo concedido

non se presenta a citada documentación procederase a continua-la tramitación do expediente de modificación de sistema.

Terceiro: someter a información pública o expediente do cambio de sistema, en previsión de que a propiedade non dea cumprimento ó exposto no punto anterior, con citación persoal ós interesados.

O que se publica para xeral coñecemento e, en concreto, para aquelas persoas ás que no se lles poida practicar notificación persoal, polas circunstancias que en cada caso se especifiquen na dilixencia do notificador, realizada de acordo co estipulado no artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, así como para os titulares de parcelas dos que o nome, domicilio ou ambos datos resulten descoñecidos para esta Administración (artigo 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia) e que a continuación se relacionan.

Parcela: 1.

Predio: Rúa Petín 12.

Ref. Cata.: 8705502.

Elementos: inmoble 85 m.

Nome: descoñecido.

Domicilio: descoñecido.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Alcalde