Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (114/1993).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela.

Fai saber: que nos autos de execución número 114/1993 e Acum. seguidos neste xulgado por instancia de José Bermúdez Castro e outros, contra a empresa Togar, S.L. e outra, sobre rescisión de contrato, por resolución desta data, acordouse sacar a pública poxa e por termo de vinte días os bens embargados á executada, que logo se dirán, e sinalar para a realización da primeira poxa o día 9 de maio deste ano, no caso de quedar esta deserta, sinálase a segunda poxa e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 6 de xuño, e de resultar igualmente deserta esta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% respecto da primeira, o día 29 de xuño do mesmo ano, todas elas ás doce horas na sala da audiencia deste xulgado, sito na r/ Viena s/n do polígono das Fontiñas, desta cidade; se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidera realizarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, realizaranse o día seguinte hábil, á mesma hora,

exceptuando os sábados, rexéndose polas seguintes condicións:

a) Para tomar parte na poxa os licitadores consignarán previamente o 20% do valor dos bens, que sirva de tipo para esta.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderán facerse ofertas por escrito no prego pechado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a letra a), acompañando xustificante dela, que se realizarán na conta de consignacións deste xulgado aberta na OP do Banco Bilbao-Vizcaya desta cidade, sita na r/ Senra, nº 3-5, conta número 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adquisición ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidera realizarse calquera das poxas nos días sinalados, realizaranse ó día seguinte hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa.

Predio urbano. Número un. Local A. Integrante dunha edificación sita no lugar de Xarás, parroquia de Artes, municipio de Ribeira. Ese local está composto de catro plantas ou niveis. Tódalas plantas teñen acceso a través do terreo anexo que se dirá, a excepción da alta, á que se accede a través dunha escaleira exterior que arranca do semisoto superior e cunha caixa que ocupa 19 m, ten como anexos: unha parcela de terreo sita no sur e leste de 1.830 m e outra parte destinada a patio, de 293 m, ó leste do edificado e á altura da planta baixa. Inscrita no Rexistro da Propiedade en Noia co número 17.280, no folio 183, libro 205 do tomo 812 do arquivo.

O predio está gravado cunha carga, quedando esta subsistente ó crédito dos actores, podendo para tal

efecto consultar na secretaría deste xulgado e no Rexistro da Propiedade de Noia, onde o mencionado predio está inscrito.

O prezo xusto polo que o predio sae a poxa é de: cento cincuenta e un millóns quince mil cincocentas setenta e nove pesetas (151.015.579 ptas.).

Os autos estarán de manifesto na secretaría deste xulgado onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela, catro de marzo de dous mil.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado