Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.161

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (113/1998).

Eu, Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Instrucción número un de Padrón, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas 113/1998 se acordou citar a Rosa Alexandra Dacosta Arduiño, María Rostro Rostro, María del Carmen Fernández Pérez, Laura Mota Terreño e Purificación Vinseiro Alonso, a primeira como denunciante e as outras catro en calidade de testemuñas, ó xuízo verbal de faltas sinalado para o vindeiro día 21 de xuño de 2000, ás 10 horas, que vai ter lugar no Xulgado de Instrucción de Padrón, sito en r/ Tetuán s/n, 2ª planta, que se segue por unha falta de lesións, feito ocorrido en Padrón o día 4 de novembro de 1995.

E para que conste e lle sirva de citación a Rosa Alexandra Dacosta Arduiño, María Rostro Rostro, María del Carmen Fernández Pérez, Laura Mota Terreño e Purificación Vinseiro Alonso, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Padrón o seis de marzo de dous mil.

O secretario

Rubricado