Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 16 de marzo de 2000, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Zarza Rodríguez, José).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e de orde social, relaciónanse liquidacións complementarias, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 120 e seguintes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con enderezo na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 16 de marzo de 2000.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

Interesado: Zarza Rodríguez, José.

DNI: 33.851.963.

Travesía de Vigo 21-10º. Vigo.

Procedemento: imposto transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Exp.: 6308/96. Doc: 600502604241.