Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 28 de xaneiro de 2000, correspondentes á categoría 4 (gobernante) do grupo III.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 29 de febreiro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Alicia Calle Domínguez, contra a Resolución do 28 de xaneiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 4 (gobernante) do grupo III.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, nas listas publicadas por Resolución do 28 de xaneiro de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondente á categoría 4 (gobernante) do grupo III, cos datos seguintes:

-Alicia Calle Domínguez, DNI número 50.407.943, lista B, puntuación 0,75 puntos.

-No posto nº 6 para o ámbito territorial D1500.

-No posto nº 5 para o ámbito territorial D2700.

-No posto nº 4 para o ámbito territorial D3200.

-No posto nº 3 para o ámbito territorial D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o

recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública