Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.159

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999, correspondentes á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V (lista A).

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 7 de febreiro de 2000 e 29 de febreiro de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Eva Vázquez Saavedra e Mónica Troncoso Gómez, contra a Resolución do 5 de novembro de 1999, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V (lista A).

Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións das interesadas, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, nas listas publicadas por Resolución do 5 de novembro de 1999 , no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 1 (camareiro/a-limpador/a e outros) do grupo V (lista A), cos datos seguintes:

-Eva Vázquez Saavedra, DNI número 32.632.930, lista A2, puntuación 22,240 puntos.

-No posto nº 6 para o ámbito territorial X1506.

-Mónica Troncoso Saavedra, DNI número 76.911.134, lista A1, puntuación 17,88 puntos.

-No posto nº 42 para o ámbito territorial X3609.

-No posto nº 4 para o ámbito territorial X3602.

-No posto nº 5 para o ámbito territorial X3605.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó

da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública