Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Luns, 27 de marzo de 2000 Páx. 4.160

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 9 de febreiro de 2000, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 6 de marzo de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Marta Mercedes Regueiro Seoane, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) do grupo IV.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio da petición da interesada, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por esta, na lista publicada por Resolución do 9 de febreiro de 2000, no sentido de que debe figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) do grupo IV, cos datos seguintes:

-Marta Mercedes Regueiro Seoane, DNI número 78.785.622, lista B, puntuación 2,35 puntos.

-No posto nº 2 para o ámbito territorial X1501.

-No posto nº 6 para o ámbito territorial X3604.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Adminis

trativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública