Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de exposición pública.

En sesión extraordinaria da asemblea xeral da Xunta de Compensación do polígono B do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, que tivo lugar o día 22 de febreiro de 2000,

acordouse a aprobación inicial do proxecto de compensación do citado polígono.

De conformidade co disposto nos artigos 102.4º e 133.8º da Lei 1/1997, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, podéndose consulta-lo expediente na sede da Xunta de Compensación, avenida do Camiño Francés, 4-baixo-Santiago de Compostela, e no Servicio de Planeamento e Xestión do Concello de Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde