Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.104

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4164/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 2 de marzo de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de urbanización da U.E. IV-12 Ramón Nieto, 6 (expediente 4164/401), presentado por Enrique Ramírez Piñeiro, en representación da entidade Pirsa O Grove, S.A. redactado e refundido polos arquitectos José Luis Pereiro Alonso e Borja Ramilo Méndez, e visado polo COAG o 18 de outubro de 1999.

Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia. Signifícase que o prazo de exposición se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 16 de marzo de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo