Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 21 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle do polígono 2 do SUP-5 da Choupana, redactado polos servicios técnicos municipais.

O ámbito obxecto de ordenación está comprendido entre os seguintes lindes:

Norte: terreos anexos ó grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola; Avda. do Mestre Mateo e terreos do polígono 1 do SUP-5.

Sur: estrada de Pontevedra, grupo de vivendas de Saconia e rúa do Escultor Ferreiro.

Leste: terreos do polígono 1 do SUP-5 e PERI de Santa Marta.

Oeste: terreos do Hospital Gil Casares e do novo Hospital Clínico da Choupana.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde