Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a contratación das obras da área de ocio en Gabenlle, polo procedemento ordinario e poxa.

Conforme o disposto no artigo 79 da LCAP e o acordo da Comisión de Goberno do once de febreiro de 2000, anúnciase a poxa, polo procedemento aberto, para adxudica-las obras da área de ocio de Gabenlle conforme o seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato a execución das obras da área de ocio en Gabenlle.

2. Duración do contrato: catro meses.

3. Tipo de licitación: 23.312.273 pesetas.

4. Pagamento: o pagamento farase efectivo da seguinte maneira:

Unión Europea: 16.248.654 ptas.

Administración autonómica: 3.240.406 ptas.

Administración local: 3.823.213 ptas.

5. Garantía provisional: o 2% do tipo de licitación.

6. Garantía definitiva: o 4% do orzamento.

7. Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2 e 4, categoría C.

8. Prego de condicións: o aprobado polo concello con data do 7-9-1995 e publicado no BOP nº 224, do 28 de setembro.

9. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación no BOP.

10. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións, excepto que o día indicado resultase sábado; se é o caso, diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

11. Modelo de proposición: Don/dona..., veciño/a de..., no nome propio ou na representación de..., sabedor/a da poxa convocada polo procedemento aberto para a execución das obras da área de ocio en Gabenlle, comprométese a efectua-las obras na forma determinada no prezo de... pesetas (en letra e número).

..., ... de... de 2000.

Laracha, 15 de febreiro de 2000.

José Manuel López Varela

Alcalde