Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente PPA 5/1999).

A Comisión de Goberno, en sesión do día 3 de marzo de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector S-2 San Pedro de Visma, presentado pola Asociación-Xunta de Propietarios Comisión Xestora Polígono San Pedro de Visma, se ben deberá corrixi-las deficiencias sinaladas no informe dos técnicos municipais do 25 de febreiro de 2000.

2. Modifica-lo límite do sector que implica a aprobación do Plan parcial, debendo dar traslado a tódolos propietarios afectados.

3. Publicar este acordo na forma legalmente prevista.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse en horario de 12 a 14 horas, de luns a venres, na oficina de planeamento do Servico de Urbanismo, sito na Avenida da Marina número 18.

Os gastos de publicación aboaraos a Comisión Xestroa do polígono.

A Coruña, 10 de marzo de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo