Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.101

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

O Pleno deste Concello, en sesión que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2000, acordou engadirlle ó prego de condicións Praza de San Cristovo, aprobado polo Pleno do 29-11-1999, a seguinte cláusula:

Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6; grupo K, subgrupo 6; grupo I, subgrupo I; categoría C.

Así como engadirlle ó proxecto os planos nº 16, 17, 18, 19, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, prorrógase o prazo de licitación do que se publicou anuncio no DOG con data do 10-1-2000, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións.

Tipo de licitación: 45.211.487 ptas.

Prazo da obra: catro meses (4).

Fianza provisional: 904.230 ptas.

Fianza definitiva: 4% do orzamento do contrato.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello ás 12 horas do terceiro día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas, agás se é sábado, que se trasladará ó luns seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas, dentro do prazo dos vinteseis (26) días naturais contados desde o día seguinte ó da última publicación.

Documentación: presentarase en 3 sobres pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 26 de xaneiro de 2000.

Manuel Varela Rey

Alcalde