Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 2/2000, polo procedemento aberto tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de recolla, transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos e líquidos deste complexo hospitalario.

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo único, letra i), da Orde do 18 de marzo de 1999 (DOG nº 58, do 25 de marzo), sobre delegación de competencias, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público número 2/2000.

1. Entidade adxudicadora: Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense.

a) Dependencia que tramita o expediente: Dirección de Recursos Económicos e de Servicios

Xerais-Unidade de Contratación (edificio administrativo, planta baixa), teléfono 988 38 56 91, fax 988 38 55 50.

2. Categoría do servicio e descrición:

a) Descrición: contratación do servicio de recolla, transporte, tratamento e eliminación de residuos sólidos e líquidos do Complexo Hospitalario de Ourense.

b) Orzamento máximo de licitación: 194.400.000 pesetas para o período total da execución do contrato, IVE incluído (1.168.367,53 euros); importe de cada anualidade 48.600.000 pesetas, IVE incluído (292.091,88 euros), o orzamento está distribuído por lotes (ver prego de cláusulas administrativas particulares).

3. Lugar de execución: en tódolos centros que integran o Complexo Hospitalario de Ourense.

4.

5. Posibilidade de que os prestadores de servicios liciten para unha parte dos servicios de que se trate: si, poderase licitar á totalidade do servicio ou por lotes (ver pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas).

6. Variantes: admítense, sempre que se cumpra o establecido no prego de prescricións técnicas.

7. Duración do contrato ou prazo para realiza-lo servicio: 4 anos.

8. Solicitude de documentación:

a) Entidade: ve-lo punto 1.

Días laborables, agás sábados, das 9 ás 14 horas.

b) Prazo para efectua-la dita solicitude: 27 de abril de 2000.

9. a) Persoas admitidas para asistiren á apertura de plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: 15 de maio de 2000 ás 9 horas, na sala de xuntas da Dirección de Recursos Económicos e de Servicios Xerais do Complexo Hospitalario de Ourense, rúa Ramón Puga, 52, Ourense.

10. Garantías esixidas: fianza provisional: 2% do orzamento máximo de licitación autorizado para cada lote ou para a totalidade; fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación para cada lote ou para a totalidade (ver prego de cláusulas adminitrativas particulares).

11.

12. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresas adxudicataria do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Condicións mínimas: clasificación:

a) Para licitación ós lotes I, III ou IV: non se require.

b) Para licitación ó lote II: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

c) Para licitación á totalidade dos lotes: grupo III, subgrupo 8, categoría B.

14. Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: durante 45 días desde a data de apertura de plicas.

15. Criterios de adxudicación: proxecto organización: 5 puntos; prezo: 3 puntos; melloras complementarias ó proxecto: 2 puntos.

16. Información complementaria:

Data límite de recepción das ofertas: 4 de maio de 2000 (14 horas).

Enderezo ó que se enviarán as ofertas: Complexo Hospitalario de Ourense, rexistro xeral (edificio administrativo, planta baixa), rúa Ramón Puga, 52, 32005-Ourense.

Linguas nas que se redactarán as ofertas: castelán ou galego.

Data de publicación no Diario Oficial das Comunidades Europeas do anuncio de información previa: non se publicou.

Anuncios: o pagamento dos anuncios será por conta do/s adxudicatario/s.

17. Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 13 de marzo de 2000.

18. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Ourense, 9 de marzo de 2000.

Alfonso Clemente González

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

de Ourense