Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados intercentros e intracentros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

1. Entidade adxudicadora: Servicio Galego de Saúde, División de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º. Teléfono 981 54 27 78; fax 981 54 27 62. Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato: a contratación dos servicios de transporte sanitario para altas hospitalarias, urxencias non ingresadas e traslados intercentros e intracentros do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso polo procedemento aberto.

4. Orzamento base de licitación: importe máximo anual previsto de corenta millóns (40.000.000) de pesetas, 240.404,84 euros.

5. Fianzas e garantías: fíxase unha fianza definitiva por importe dun millón seiscentas mil (1.600.000) pesetas, 9.616,19 euros.

6. Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas pódense solicitar na División de Recursos Económicos (Servicio de Xestión de

Concertos e Recursos Propios), edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

7. Solvencia económico-financeira e técnica: acredítanse conforme o establecido nos puntos 4 e 5 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación: os establecidos no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. a) Prazo e lugar de presentación das proposicións: as proposicións presentaranse antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, e segundo establece o punto 11 do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Documentación que deberán presenta-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares e na forma que nel se sinala.

10. Data de apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, no décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

11. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos