Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LARACHA

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2000 pola que se anuncia a adxudicación da xestión do servicio público da piscina cuberta climatizada, por concurso e por procedemento aberto.

Conforme o disposto no artigo 79 da LCAP e o acordo da Comisión de Goberno do once de febreiro de 2000, anúnciase concurso, polo procedemento aberto, para adxudica-la xestión indirecta do servicio

público da piscina cuberta climatizada de acordo co seguinte contido:

1. Obxecto do contrato: é obxecto do contrato adxudicar, mediante concesión, a xestión indirecta do servicio público da piscina cuberta climatizada.

2. Duración do contrato: catro anos, para contar a partir da data da adxudicación, podendo prorrogarse ata un máximo de seis anos.

3. Tipo de licitación: o canon que o concesionario satisfará ó concello será o que se estableza na proposición.

4. Publicidade do prego de cláusulas administrativas particulares: estará de manifesto tódolos días hábiles nas oficinas municipais, departamento de Contratación.

5. Garantía provisional: 1.000.000 de pesetas.

6. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares: durante os oito primeiros días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio, suspendéndose a licitación no caso de impugnación.

7. Garantía definitiva: 2.000.000 de pesetas.

8. Presentación de proposicións: durante os vinteseis días naturais seguintes ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.

9. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do terceiro día hábil seguinte ó da conclusión do prazo de presentación de proposicións, excepto que o día indicado resultase sábado; se é o caso, diferirase ó primeiro día hábil seguinte.

Modelo de proposición: Don/dona..., veciño/a de..., con domicilio..., no nome propio ou na representación de..., sabedor/a do concurso convocado polo procedemento aberto para a adxudica-la xestión indirecta do servicio da piscina cuberta climatizada, por medio de concesión, comprométese a asumi-la dita concesión de acordo co prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, ofrecendo:

a) Memoria.

b) Melloras.

c) Detalle de persoal.

d) Canon a favor do concello.

..., ... de... de 2000.

Laracha, 15 de febreiro de 2000.

José Manuel López Varela

Alcalde