Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Sierra de Pites, 4.655-1ª, situado nos concellos de Melón e Carballeda de Avia (Ourense) e promovido por Ingemarga, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

1. Someter a información pública, o estudio de efectos ambientais do proxecto de concesión de explotación Sierra de Pites 4.655-1ª, situado en Melón e Carballeda de Avia (Ourense).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de Ourense.

* Concellos de Melón e Carballeda de Avia.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte días, contando a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2000.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental