Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2000 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación da asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información contable, con destino ó Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable. (Expediente 3/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702, Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 13 03.

b) Número de expediente: 3/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Asistencia técnica para o desenvolvemento e implantación dun novo sistema de información contable con destino ó CIXTEC.

b) Prazo de execución: 30.000 horas contadas desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: público.

4. Orzamento base de licitación.

Douscentos corenta millóns (240.000.000) de pesetas IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento base de licitación: 4.800.000 ptas.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación: 9.600.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC).

b) Domicilio: rúa Ramón Piñeiro, nº 27.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15702.

d) Teléfono: 981 54 13 37.

e) Telefax: 981 54 12 70.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día 19 de abril de 2000.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (CIXTEC), ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificante da data de imposición do envío na oficina de correos.

8. Apertura das ofertas.

En acto público ás 13 horas do día 28 de abril de 2000. No Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, (CIXTEC).

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Data do envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 28 de febreiro de 2000.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director xeral do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable