Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.095

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ANUNCIO do 22 de marzo de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, polo que se pon en coñecemento dos interesados o erro producido á hora de facilitar, na consellería, o prego de prescricións técnicas correspondente ó concurso público aberto con expediente 7/2000, publicado no Diario Oficial de Galicia número 52, do 15 de marzo de 2000.

No Diario Oficial de Galicia, nº 52, do 15 de marzo, anunciouse por Resolución do pasado 9 de marzo, concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a adquisición de equipos informáticos para os servicios centrais e delegacións provinciais.

No punto 6 da dita resolución indicábase que a documentación relativa a este expediente estaba a disposición dos interesados no rexistro xeral da consellería.

Advertido erro nos pregos de prescricións técnicas facilitados a algunhas empresas, ponse en coñecemento de tódolos interesados que poderán retira-lo prego de prescricións técnicas correcto, no citado rexistro da consellería.

En consecuencia, os prazos ós que se alude na resolución de referencia comezarán a contarse a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Para calquera aclaración ou información poderán dirixirse ós seguintes teléfonos: 981 54 46 80/54 56 51.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2000.

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia

e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude