Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.054

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 13 de marzo de 2000 pola que se aproban as cotas de inscrición no VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

Ante a próxima celebración do VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea, que organiza o Igape, e ó abeiro do disposto no artigo 5 da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas e prezos públicos,

DISPOÑO:

Artigo único.

1. Apróbanse os prezos que percibirá o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, como contraprestación polos servicios prestados ás empresas participantes no VII Foro Bolívar da Empresa Latinoamericana e Europea.

2. Os ditos prezos, que terán a consideración de privados, fíxanse en 15.000 pesetas (90,150 euros) para o primeiro participante de cada empresa interesada e en 10.000 pesetas (60,10 euros) para o segundo e ulteriores participantes de cada empresa.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2000.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda