Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.055

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de febreiro de 2000 pola que se lles concede autorización definitiva para educación secundaria ós seminarios menores diocesanos A Asunción de Santiago de Compostela, Sagrado Corazón de Lugo, Santa Catalina de Mondoñedo e A Inmaculada de Ourense, segundo os datos que figuran no anexo.

Examinado os expedientes iniciados polos representantes dos seminarios menores diocesanos A Asunción de Santiago de Compostela, Sagrado Corazón de Lugo, Santa Catalina de Mondoñedo e A Inmaculada de Ourense, polos que solicitan a autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria e bacharelato.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo; Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; a Orde do 28 de febreiro de 1994 (BOE do 5 de marzo) sobre autorización de centros docentes privados dos seminarios menores diocesanos e de relixión da Igrexa Católica; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que concorren nos expedientes os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, cumpridos os trámites regulamentarios e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Concede-la autorización definitiva para impartir educación secundaria ós seminarios menores diocesanos A Asunción de Santiago de Compostela, Sagrado Corazón de Lugo, Santa Catalina

de Mondoñedo e A Inmaculada de Ourense, segundo os datos que figuran no anexo.

Segundo.-Para as ensinanzas de educación secundaria que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo do dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Disposición transitoria

Os seminarios menores diocesanos A Asunción de Santiago de Compostela, Sagrado Corazón de Lugo e A Inmaculada de Ourense, poderán seguir impartindo as ensinanzas de BUP-COU mentres non se extingan, segundo o calendario de aplicación da Lei orgánica 1/1990, da ordenación xeral do sistema educativo.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: Belvís s/n.

Denominación do centro: Seminario Menor Diocesano A Asunción.

Titular: Diócese de Santiago.

Código: 15015780.

Composición resultante:

Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato, das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Lugo.

Concello: Lugo.

Localidade: Lugo.

Enderezo: Avda. Ángel López Pérez, s/n.

Denominación do centro: Seminario Menor Diocesano Sagrado Corazón.

Titular: Diócese de Lugo.

Código: 27006425.

Composición resultante:

Centro de educación secundaria:-8 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato, das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Lugo.

Concello: Mondoñedo.

Localidade: Mondoñedo.

Enderezo: praza do Seminario nº 1.

Denominación do centro: Seminario Menor Diocesano Santa Catalina.

Titular: Diócese de Mondoñedo-Ferrol.

Código: 27006905.

Composición resultante:

Centro de educación secundaria:-4 unidades de educación secundaria obrigatoria.-2 unidades de bacharelato, da modalidade de humanidades e ciencias sociais.

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Enderezo: estrada do Seminario nº 18.

Denominación do centro: Seminario Menor Diocesano A Inmaculada.

Titular: Bispado de Ourense.

Código: 32009074.

Composición resultante:

Centro de educación secundaria:-6 unidades de educación secundaria obrigatoria.-4 unidades de bacharelato, das modalidades de ciencias da natureza e da saúde e humanidades e ciencias sociais.