Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.053

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2000 pola que se fai público o resultado do sorteo ó que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2000, da Consellería da Presidencia e Administración Pública (DOG nº 45, do 6 de marzo) e o establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o 15 de marzo na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela, e baixo a presidencia do director xeral da Función Pública, tivo lugar o sorteo ó que alude a citada resolución. Conforme o seu resultado, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 2000 empezará por aqueles dos que o primeiro apelido empece pola letra Z.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública