Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Venres, 24 de marzo de 2000 Páx. 4.029

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 54/2000, do 3 de marzo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao medio correspondente ó título de técnico en confección.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dispón no seu artigo 4 que lles corresponde ás administracións educativas competentes establece-los currículos dos ciclos formativos.

En aplicación do devandito artigo, de acordo coas atribucións recollidas no Estatuto de autonomía, no Real decreto 1763/1982, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, e no Real decreto 676/1993, do 7 de maio, que establece as directrices xerais sobre os títulos de formación profesional e as súas ensinanzas mínimas, díctase o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumpri-los currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 743/1994, do 22 de abril, establece o título de técnico en confección e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, en consonancia co devandito Real decreto 676/1993.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ó eido profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector productivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite ós centros adecua-la docencia ás características do alumnado e ó contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realiza-lo rol do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixi-las variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos productivos, actuar

correctamente ante anomalías, dirixi-lo conxunto do traballo e acada-los obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ó finaliza-lo ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, saber e comprender, que se require do alumnado para acada-los logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes xa que todos eles levan a acada-las capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, súa estructura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elabora-las programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades productivas e/ou de servicios, contidos, do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ó proceso productivo ou de servicios do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realiza-lo desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Ensinanzas Técnico-Profesionais e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día tres de marzo de dous mil,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para

as ensinanzas de formación profesional relativa ó título de técnico en confección, regulado polo Real decreto 743/1994, do 22 de abril, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, nivel de formación profesional e duración do ciclo formativo son as que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, capacidades profesionais, unidades de competencia, realizacións e criterios de realización, dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso productivo que definen o perfil profesional do título son as que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto, sendo as capacidades terminais elementais os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición

Artigo 4º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.1.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título, son as que se expresan no punto 4.1.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia, son as que se expresan no punto 4.1.3 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Espacios e instalacións.

Os requisitos de espacios e instalacións que deben reuni-los centros educativos para a impartición do presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.2 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Validacións e correspondencias.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudios de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.3.1 e 4.3.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos Ministerios de Educación e Cultura e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de se-lo caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que estean en posesión do título de técnico, por teren superada a formación profesional específica de grao medio, teñen acceso directo ás distintas modalidades de bacharelato.

Artigo 7º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.4 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioproductivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adecua-las ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para dictar cantas disposicións sexan precisas, no ámbito das súas competencias, para a execución e desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de marzo de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: confección.

-Nivel: formación profesional de grao medio.

-Duración: 1.400 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral:

Realiza-la confección industrial de pezas e complementos de vestir e artigos téxtiles para o fogar e usos industriais mediante o corte, ensamblaxe e acabamentos de tecidos, pel (ante, napa e dobre face) e outros materiais, conseguindo a producción en cantidade, calidade, prazos e condicións de seguridade establecidas.

2.2. Capacidades profesionais:

2.2.1. Capacidades técnicas:

* Interpreta-la información técnica do producto e de fabricación empregada na confección téxtil e de roupa de pel, coa finalidade de organizar e realiza-lo seu traballo de maneira autónoma e coas técnicas propias da súa producción.

* Prepara-las máquinas, equipos e materiais que interveñen nas fases do proceso no que opera (corte, ensamblaxe ou acabamentos), coa finalidade de as dispor nas condicións previstas do proceso.

* Controlar e realiza-lo desenvolvemento das fases do proceso asignadas (corte, ensamblaxe ou acabamentos), co fin de asegura-lo óptimo rendemento dos medios e recursos de producción e de produci-la cantidade fixada coa calidade prevista.

* Realiza-lo mantemento de primeiro nivel dos elementos de producción das máquinas, útiles e ferramentas que interveñen nos procesos de confección téxtil e de roupa de pel, para evitar paradas ou restablece-la producción.

* Propor posibles melloras no proceso productivo e principalmente nos procedementos e modos operativos que emprega no desenvolvemento do seu traballo.

* Comunicarse verbalmente ou por escrito coas persoas responsables dos departamentos de mantemento e control de calidade coas que mantén unha relación de dependencia funcional.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias:

* Responder das continxencias técnico-productivas que se poden presentar na recepción e manipulación de materias primas e productos auxiliares, no fluxo de materiais no funcionamento dos medios de producción e na calidade dos productos intermedios e finais obtidos na fase ou fases que opera, co fin de asegura-lo desenvolvemento previsto da producción.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas:

* Posuír unha visión de conxunto e coordinada das fases dos procesos de confección e dos productos resultantes, valorando adecuadamente a función e misión de cada unha delas.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional no que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ó grupo, respectando o traballo dos demais, participando activamente na organización e desenvolvemento das tarefas colectivas e cooperando na supervisión das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e subordinados.

* Ordenar e dirixi-lo traballo dos operarios que forman parte do seu equipo, supervisando os controis de calidade realizados por aqueles.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ó medio:

* Adaptarse ás diferentes situacións ou postos de traballo existentes no ámbito da súa competencia xeral e ós cambios tecnolóxicos e organizativos que inciden na súa actividade profesional.

* Integrarse nun equipo de traballo productivo, corresponsabilizándose das tarefas asignadas e desenvolvendo a súa actividade con seguridade persoal, colectiva e ambiental, co fin de contribuír eficazmente á consecución dos obxectivos establecidos.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo:

Este técnico está chamado a actuar baixo a supervisión xeral de técnicos de nivel superior ó seu, séndolle requiridas as capacidades de autonomía en:

* Preparación e posta a punto das máquinas, equipos e instalacións.

* Realización de substitucións sinxelas e o axuste correspondente de elementos sometidos a desgaste ou funxibles (directamente productivos ou non) que non requiren equipos, instrumentos ou técnicas complexas ou moi específicas.

* Diagnóstico das causas de avarías dos útiles de máquina directamente productivos.

* Detección de disfuncións de órganos non directamente productivos de máquinas que ocasionan alteracións ó producto das que informa adecuadamente o equipo de mantemento.

* Consegui-la producción das liñas asignadas en cantidade, calidade e prazos establecidos.

* A realización da marcada.

* As continxencias en relación coa materia prima, productos auxiliares, medios de producción, sistemas de transporte e calidade intermedia e final do producto.

2.4. Unidades de competencia:

1. Realiza-lo corte de materiais.

2. Realiza-la ensamblaxe de elementos.

3. Realiza-los acabamentos.

2.5. Realizacións e dominios profesionais:

2.5.1. Unidade de competencia 1: realiza-lo corte de materiais:

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Interpretar fichas técnicas e de producción para organiza-lo traballo.* A correcta interpretación permite identifica-lo producto e as tarefas (estendedura, marcada e corte).
* A interpretación permite a selección do procedemento (útiles, ferramentas e materias primas) e a organización do traballo.

1.2.Realiza-lo estudio do corte co fin de aproveitar ó máximo o material.* A distribución dos patróns para a obtención da marcada realízase segundo sistema de corte e orde de fabricación.
* A marcada realízase tendo en conta:
-Características do tecido: largo, estructura, cor e debuxo.
-As tallas, modelos e número de pezas de roupa.
-O sistema de corte: convencional, por presión e/ou informatizado.
* A selección e cálculo de peles realízase cotexando modelo e características das peles: dimensións, tonalidades, defectos, aproveitamento do material, ...

1.3.Preparar, programar, axustar e reaxusta-los equipos e as máquinas de corte, así como o estado dos materiais para os dispor de cara á producción.* A preparación das máquinas e equipos de estendedura e corte realízase de acordo coa ficha técnica e material que hai que cortar e implica:-A preparación da base da mesa, a regulación da velocidade de alimentación e tensión de tecedura e de estendedura e a regulación do cabezal de corte:

RealizaciónsCriterios de realización

-O axuste dos elementos cortantes (coitelas verticais, disco, cinta, ...) e do afiado:
-A regulación da velocidade e perpendicularidade do elemento cortante.
-A regulación da presión do cuño, altura do prato e paralelismo entre prato e bancada.
* O reaxuste dos parámetros realízase baseándose nos resultados das operacións de proba.
* O procedemento de preparación realízase ordenadamente, con seguridade persoal e dos elementos da máquina.
* A utilización de ferramentas, útiles e aparellos de medición realízase con precisión e eficacia, no tempo establecido pola empresa.

1.4.Realizar e controla-las operacións de corte asignadas, empregando o sistema máis adecuado, asegurando o óptimo funcionamento dos medios de producción e o fluxo de materiais e produci-la cantidade coa calidade prevista.* Comprobouse de maneira sistemática o seguinte:-A estendedura e posicionado do tecido realízase sen tensión e sen dobras, aliñado e perfectamente superposto respecto ás orlas, sentido do fío, debuxo, ...-O corte axústase con exactitude á forma e tamaño do patrón, sen deformación dos perfís das pezas e sinalando, segundo o patrón, os piquetes e perforacións.
-A identificación e agrupación de compoñentes téxtiles e os seus accesorios realízase segundo modelo, talla, cor e ordes de producción.
-A identificación e agrupamento de compoñentes de roupa de pel e os seus accesorios realízase en función do grosor, cor, textura e calidade.
-A utilización de máquinas e ferramentas realízase con precisión, eficacia e seguridade persoal e das máquinas.
-O tempo de realización axústase ós criterios establecidos pola empresa.
* Reasigna e sincroniza as cargas de traballo de acordo coas instruccións dadas.
* A clasificación e organización das pezas realízase segundo modelo, talla, cor, estructura superficial, etc., seguindo as ordes de producción, separando as defectuosas e repóndoas por outras correctas.
* As anomalías ou defectos solucionables son corrixidos baixo a responsabilidade do operario.
* Comunícanselle as anomalías ou defectos importantes de maneira rápida ó responsable inmediato.
* A calidade da producción cumpre coas instruccións e obxectivos establecidos.
* Os problemas de calidade e as súas causas identifícanse correctamente dentro dos límites da responsabilidade asignada.
* Os problemas de calidade que exceden a responsabilidade asignada defínense e transmítenselle con prontitude e exactitude ó responsable pertinente.
* Tomáronse as medidas correctivas oportunas para os problemas de calidade nos límites da responsabilidade asignada.
* Os procedementos de control de calidade aplícanse nos intervalos correctos, asegurando os obxectivos da producción.

1.5.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel de máquinas, co fin de evitar paradas ou restablece-la producción.* O mantemento de primeiro nivel realízase de acordo coa documentación técnica, instruccións da empresa e normas de seguridade.

* Os fallos dos elementos directamente productivos das máquinas detéctanse correctamente.

* A substitución de elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento de forma segura e eficaz.
* As restantes pezas non sofren deterioración durante o proceso de reparación.
* Realízase o mantemento de primeiro nivel tendo en conta os procedementos de preparación das máquinas e equipos.
* A documentación xerada no mantemento é exacta e completa.
* Transmítenselle con prontitude ó persoal adecuado as necesidades de mantemento que superan a responsabilidade asignada.

1.6.Achega-la información técnica referente ó traballo realizado, resultados e calidade do producto, para contribuír ós plans de producción e xestión da calidade.* A correcta formalización contribúe ó bo fluxo da información durante o proceso productivo.

* A información rexístrase de maneira clara, concreta e sinxela.

* A información rexistrada permite coñecer a tempo a productividade e as incidencias ocasionadas.

* A anotación de anomalías en producto facilita tarefas posteriores de revisión, reparación e clasificación.
* As propostas de mellora da producción conseguen a mellora da productividade ou da seguridade.

RealizaciónsCriterios de realización

1.7.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa, levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de urxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis adecuados para cada actuación, utilizándoos e coidándoos con corrección.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo e tómanse as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de urxencia:
-Realízase a parada da maquinaria da forma adecuada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Mesas e equipos de tendido e corte. Soportes portarrolos: fixos, móbiles, múltiples,... Carros estendedores: manual, semiautomático, automático,... Máquinas de corte: verticais, circulares,... Perforadores. Prensas de moldes para cuñar e cuños. Patróns. Equipo manual ou informático para marcada e corte. Termofixadora. Máquinas de etiquetar. Equipo de preparación e mantemento operativo de máquinas.

-Materiais e productos intermedios:

Teas (tecidos, non tecidos). Entreteas. Peles de ante, napa e dobre face. Marcadas reproducidas. Colchón de teas. Desfragmentados de compoñentes. Etiquetas identificación para a confección.

-Productos ou resultados do traballo:

Paquetes de compoñentes de pezas de roupa e/ou artigos identificados e ordenados.

-Parámetros que se deben controlar:

Máquinas, útiles e ferramentas: altura de corte, fíos de coitelas, velocidade de corte, presión de cuñación, mandos de accionamento manual e/ou automático, dispositivos de medición de variables no termofixado. Producto: superficie e debuxo do material, comportamento dos diferentes materiais ó estender e ó corte, compoñentes das pezas de roupa e combinación de tallas. Identificación por etiquetaxe de compoñentes (numérica ou código de barras): orde de fabricación, tallas, modelo... Parámetros de calidade pertinentes (precisión, posicionado,...).

-Información:

Utilizada: ordes de corte ou fabricación, patróns, manual de procedemento e calidade, manual de mantemento e normas de seguridade.

Xerada: consumo de materiais, resultados de producción e calidade, incidencias.

2.5.2. Unidade de competencia 2: realiza-la ensamblaxe de elementos:

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Interpretar fichas técnicas e de producción para organiza-lo traballo.* A correcta interpretación permite identifica-lo producto e as tarefas (preparación de compoñentes e tipo de unión).
* A interpretación permite a selección do procedemento (útiles, ferramentas e materias primas) e organización do traballo.

2.2.Cambiar, axustar e reaxusta-los elementos das máquinas e verifica-los materiais, co fin de preparalos para a ensamblaxe.* A preparación dos elementos operadores da máquina de coser e/ou soldar realízase segundo ficha técnica e materiais que hai que unir e implica:-Galgado da máquina.
-Regulación da velocidade, a densidade, lonxitude da puntada, tensión do fío, ...
-Axuste e regulación do sistema de arrastre e dos elementos de alimentación de fornituras.
-Selección e axuste de agullas, prensateas e accesorios (guías, topes, cortafíos, filetas, boquillas, sopradores, cortabeiras, afiadores, ...).
-Axuste e regulación da temperatura do sistema de soldado.
* A preparación das máquinas de rebaixar e/ou dobrar pel realízase segundo a ficha técnica e o estado do material.
* O reaxuste das máquinas realízase de acordo coas operacións de proba.
* O procedemento de preparación realízase ordenadamente e con seguridade persoal e dos elementos de máquina, no tempo establecido pola empresa.
* A utilización de ferramentas, útiles e aparellos de medición realízase con precisión e eficacia.

2.3.Realizar e controla-las operacións de ensamblaxe de compoñentes e de fornituras, asegurando o óptimo funcionamento dos medios de producción, fluxo de materiais e a producción de pezas de roupa ou artigos coa calidade prevista.* Comprobouse de maneira sistemática o seguinte:-O procedemento de ensamblaxe realízase tendo en conta a dureza, elongación e grosor do material, o tipo de costura que hai que realizar e secuencia prefixada.-A unión realízase con pulcritude, sentido estético e no tempo establecido pola empresa.-A incorporación de elementos ornamentais realízase segundo deseño.
-O manexo das máquinas realízase con precisión, eficacia e seguridade.
-O rebaixado, encolado, encintado e dobrado de compoñentes de roupa de pel realízase segundo modelo, patrón, marcaxe e instruccións e de maneira precisa e eficaz.
-A revisión e clasificación das pezas de roupa e artigos realízase de maneira rigorosa e eficaz seguindo os criterios de calidade e normativa da empresa.
-A etiquetaxe realízase segundo normativa e instruccións da empresa.
* Reasigna e sincroniza as cargas de traballo de acordo coas instruccións recibidas.
* As anomalías ou defectos solucionables son corrixidos baixo a responsabilidade do operario.
* As anomalías ou defectos importantes sonlle comunicados de maneira rápida ó responsable inmediato.
* A calidade da producción cumpre coas instruccións e obxectivos establecidos.
* Os problemas de calidade e as súas causas identifícanse correctamente dentro dos límites da responsabilidade asignada.
* Os problemas de calidade que excedan a responsabilidade asignada defínense e transmítenselle con prontitude e exactitude ó responsable pertinente.
* Tomáronse as medidas correctivas oportunas para os problemas de calidade nos límites da responsabilidade asignada.
* Os procedementos de control de calidade aplícanse nos intervalos correctos, asegurando os obxectivos da producción.

2.4.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel de máquinas, co fin de evitar paradas ou restablece-la producción.* O mantemento de primeiro nivel realízase segundo a documentación técnica, instruccións da empresa e normas de seguridade.

* Os fallos dos elementos directamente productivos das máquinas detéctanse correctamente.

* A substitución de elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento de forma segura e eficaz.
* As restantes pezas non sofren deterioración durante o proceso de reparación.
* O mantemento de primeiro nivel realízase tendo en conta os procedementos de preparación das máquinas e equipos.
* A documentación xerada no mantemento é exacta e completa.

RealizaciónsCriterios de realización

* As necesidades de mantemento que excedan a responsabilidade asignada transmítense con prontitude ó persoal adecuado.

2.5.Achega-la información técnica referente ó traballo realizado, resultados e calidade do producto, para contribuír ós plans de producción e xestión da calidade.* A correcta elaboración contribúe ó bo fluxo da información durante o proceso productivo.

* A información rexístrase de maneira clara, concreta e sinxela.

* A información rexistrada permite coñecer a tempo a productividade e as incidencias ocasionadas.

* A anotación de anomalías no producto facilita tarefas posteriores de revisión, reparación e clasificación.
* O rexistro de anomalías pode incluír propostas de modificacións dos procedementos productivos.
* As propostas de mellora da producción conseguen a mellora da productividade ou da seguridade.

2.6.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa, levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de urxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis adecuados para cada actuación, utilizándoos e coidándoos con corrección.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo, tomándose as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de urxencia:
-Realízase a parada da maquinaria da forma adecuada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Máquinas de coser planas de pesponto recto, zigzag, cadea a un fío, cadea dobre e múltiple, puntadas de imitación á man, dobre arrastre, triple arrastre, arrastre diferencial, programables. Máquinas de puntada invisible, de brazo desprazado. Máquinas de recubrimento inferior e de dobre recubrimento. Máquinas overlock, OE+PS. Máquinas de ollais: xastrería e camisería. Máquinas de coser botóns. Máquinas de remallar tecido de punto. Máquinas de presillas. Autómatas de costura. Máquinas de ciclo fixo: de peto, de ollais, de costuras longas,... Máquinas de bordar: dun cabezal, de cabezais múltiples. Máquinas de pegar e soldar. Equipos con sistemas de mando, regulación e control mecánicos, electromecánicos, pneumáticos e informáticos. Equipo de preparación e mantemento operativo de máquinas.

-Materiais e productos intermedios:

Teas (tecidas, non tecidas e recubrimentos) e peles cortadas. Fíos, cintas, rebetes,.... Fornituras. Etiquetas téxtiles de composición, de conservación, de tallaxe, de marca.

-Productos ou resultados do traballo:

Paquetes de pezas de roupa ou artigos ensamblados.

-Parámetros que se deben controlar:

Máquinas, útiles e ferramentas: velocidade máquina, densidade puntada, posicionado e control de materiais. Actividades de traballo. Órganos operadores: agullas (numeración, tamaño, sistema,...), prensateas (presión, forma do pé,...), arrastres (reversibles, atacados, lonxitude,...), accesorios (guías costuras, coitelas, recortadores, cortafíos, alzaprensa, teas,...). Dispositivos de programación de máquinas. Producto: comportamento dos diferentes materiais ó ensamblar, diferentes tipos de puntadas, parámetros de calidade pertinentes (regularidade, aliñamento, encaixe de tecido,...).

-Información:

Utilizada: ordes de fabricación, ordes directas, prototipo, manual de procedemento e calidade, manual de mantemento, normas de seguridade.

Xerada: consumo de materias, resultados de producción e calidade, incidencias.

2.5.3. Unidade de competencia 3: realiza-los acabamentos:

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Interpretar fichas técnicas e de producción para organiza-lo traballo.* A correcta interpretación permite identifica-lo producto e as tarefas (conformar, termofixar e pasa-lo ferro).
* A interpretación permite a selección do procedemento (útiles, ferramentas e materias primas) e organización do traballo.

3.2.Programar, axustar e reaxusta-los equipos e as máquinas, co fin de realiza-los acabamentos.* A preparación de máquinas e equipos de acabamentos de roupa ou artigo (pranchas, prensas, manequíns, termofixado, transfer, túneles de formado, ...) realízase segundo ficha técnica e tipo de materiais, implicando:
-O axuste e regulación da presión e cantidade de vapor, temperatura, presión e/ou aspiración ou absorción.
-O cambio ou axuste e regulación dos pratos de prensas e/ou conformados, autómatas, carruseis, ...
-A regulación dos mecanismos dos pregadores e embolsadoras de pezas de roupa.
* O reaxuste final realízase de acordo coas operacións de proba.
* A dosificación de productos de lavado e suavizado determínase segundo ficha técnica e tipo de fibra.
* O procedemento de preparación realízase ordenadamente, con seguridade persoal e dos elementos da máquina.
* O tempo de realización axústase ós límites establecidos pola empresa.

3.3.Realizar e controla-las distintas fases de acabamentos asignadas para garanti-lo óptimo funcionamento dos medios de producción e fluxo de materiais e conferirlle á roupa ou artigos as características e presentación final.* Comprobouse de maneira sistemática o seguinte:-Posiciónase a peza de roupa ou artigo na máquina de pasa-lo ferro conforme a estructura do tecido, medida e forma.-O paso do ferro intermedio consegue a reducción dos relevos e o orientado de dobras e/ou formas.-Os acabamentos finais (pasada do ferro, suavizado, lavado, ...) confírenlle ó artigo ou peza de roupa o conformado, as propiedades e aspecto (ausencia de brillo, eliminación de engurras, ...) segundo o modelo, dentro das tolerancias de control de calidade.
-A utilización das máquinas realízase con precisión, eficacia e seguridade persoal e das máquinas.
-O tempo de realización axústase ós límites establecidos pola empresa.
-A revisión das pezas de roupa e artigos acabamentos realízase de maneira rigorosa e eficaz, seguindo os criterios de calidade e normativa da empresa.
-A etiquetaxe realízase segundo normativa e instruccións da empresa.
* Reasigna e sincroniza as cargas de traballo de acordo coas instruccións recibidas.
* As anomalías ou defectos solucionables corríxense baixo a responsabilidade do operario.

RealizaciónsCriterios de realización

* As anomalías ou defectos importantes comunícanselle de maneira rápida ó responsable inmediato.
* A calidade da producción cumpre coas instruccións e obxectivos establecidos.
* Os problemas de calidade e as súas causas identifícanse correctamente dentro dos límites da responsabilidade asignada.
* Defínense os problemas de calidade que exceden a responsabilidade asignada, transmitíndoselle con prontitude e exactitude ó responsable pertinente.
* Tomáronse as medidas correctivas oportunas para os problemas de calidade nos límites da responsabilidade asignada.
* Aplícanse os procedementos de control de calidade nos intervalos correctos, asegurando os obxectivos da producción.

3.4.Realiza-lo mantemento de primeiro nivel de máquinas para evitar irregularidades no proceso e logra-la calidade prevista.* Realízase o mantemento de primeiro nivel de acordo coa documentación técnica, instruccións da empresa e normas de seguridade.

* Detéctanse os fallos de elementos directamente productivos das máquinas.

* A substitución de elementos avariados ou desgastados restablece as condicións normais de funcionamento de forma segura e eficaz.
* As restantes pezas non sofren deterioración durante o proceso de reparación.
* O mantemento de primeiro nivel realízase tendo en conta os procedementos de preparación das máquinas e equipos.
* A documentación xerada no mantemento é exacta e completa.
* As necesidades de mantemento que exceden a responsabilidade asignada transmítenselle con prontitude ó persoal adecuado.

3.5.Achega-la información técnica referente ó traballo realizado, resultados e calidade do producto, co fin de contribuír ós plans de producción e xestión da calidade.* A correcta elaboración contribúe ó bo fluxo da información durante o proceso productivo.

* A información rexístrase de maneira clara, concreta e sinxela.

* A información rexistrada permite coñecer a tempo a productividade e as incidencias ocasionadas.

* A anotación de anomalías no producto facilita tarefas posteriores de revisión, reparación e clasificación.
* O rexistro de anomalías pode incluír propostas de modificacións dos procedementos.
* As propostas de mellora da producción conseguen a mellora da productividade ou da seguridade.

3.6.Actuar segundo o plan de seguridade e hixiene da empresa, levando a cabo tanto accións preventivas como correctoras e de urxencia, aplicando as medidas establecidas e cumprindo as normas e a lexislación vixente.* Identifícanse os dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Identifícanse os equipos e medios de seguridade máis adecuados para cada actuación, utilizándoos e coidándoos con corrección.

* Identifícanse os riscos primarios para a saúde e a seguridade no contorno de traballo e tómanse as medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* As zonas de traballo da súa responsabilidade permanecen en condicións de limpeza, orde e seguridade.
* Infórmase con prontitude a persoa adecuada das disfuncións e dos casos perigosos observados.
* En casos de urxencia:
-Realízase a parada da maquinaria da forma adecuada e prodúcese a evacuación dos edificios de acordo cos procedementos establecidos.
-Identifícanse as persoas encargadas de tarefas específicas nestes casos.
-Aplícanse as medidas sanitarias básicas e as técnicas de primeiros auxilios.

Dominio profesional

-Medios de producción:

Prensas de pasada a ferro universais. Prensas conformadas de dianteiros, caixas, colos,... Autómatas de pasada a ferro: de dianteiros, de ombros, de lapelas,... Manequíns de pasada a ferro. Postos de pasada a ferro múltiples. Túneles de formado. Máquinas de estirado. Volteadores. Máquina de vaporización.

Lavadoras, tumbler. Prensas de transfer, termofixadoras. Máquinas e autómatas de pregar, de embolsar, de encaixar. Equipos de preparación e mantemento operativo de máquinas.

-Materiais e productos intermedios:

Pezas de roupa ou artigos ensamblados. Etiquetas, bolsas, caixas, envases individuais. Producto de limpeza e acabamento.

-Productos ou resultados do traballo:

Pezas de roupa ou artigos acabados e identificados.

-Parámetros que se deben controlar:

Máquinas, útiles e ferramentas: presión, vapor, temperatura, tempos, mandos de accionamento manual e/ou automático, dispositivos de control de parámetros. Producto: comportamento dos diferentes materiais ós parámetros de pasada a ferro e acabamento, parámetros de calidade pertinentes. Aspecto exterior: limpeza, taras e etiquetaxe.

-Información:

Utilizada: ordes de fabricación, manual de procedemento e calidade, manual de mantemento, normas de seguridade.

Xerada: consumo de materias, resultados de producción e calidade, incidencias.

2.6. Evolución da competencia profesional:

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos:

Menciónase a continuación unha serie de cambios previsibles no sector que, en maior ou menor medida, poden influír na competencia desta figura:

* As esixencias impostas polo mercado, pequenos pedidos iniciais e posteriores reposicións, ocasionados polos frecuentes cambios de moda e os intereses dos distribuídores que tenden a transferi-lo risco de stock ó fabricante, leva a este último a flexibiliza-la producción co obxecto de ter unha maior rapidez de resposta.

* O incremento da competencia procedente doutros países, principalmente daqueles que ofrecen productos estándar a baixo prezo, está desprazando a producción cara a artigos de alta calidade. Isto comporta un cambio de mercado cara a sectores con maior esixencia en canto a calidade e deseño.

* Espérase unha progresiva incorporación de novas técnicas de corte e de ensamblaxe por termofusión e microondas.

* Tendencia á incorporación de equipos de estendedura e corte asistidos por ordenador e utilización de patróns informáticos.

* Prevese a producción dunha maior diversificación de productos nas empresas, con tendencia a fabricar series cortas de alta calidade ou moi especializada.

* Cambios nos métodos de producción pasando do sistema de operario/operación ó de operario ou equipo de operarios/producto.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais:

Constátase a incorporación progresiva do control numérico nos sistemas de corte, o que requirirá un incremento da utilización de sistemas de programación.

O progresivo cambio nos métodos de producción concentrará nun mesmo operario un maior número de actividades ou funcións productivas, chegando nalgúns casos a ensamblar pezas de roupa na súa totalidade.

Así mesmo, asumirá funcións de verificación de parámetros de producto en liña de producción, o que esixirá da persoa a identificación, análise e resolución de problemas relativos ó seu propio traballo.

2.6.3. Cambios na formación:

Os cambios tecnolóxicos demandarán da figura coñecementos de programación, control do corte e do proceso de ensamblaxe e acabamentos, compatibilizándoos cos tradicionais.

Os novos métodos de producción requirirán unha formación polivalente para ser capaz de dominar funcións diferentes do proceso productivo.

Así mesmo, requiriranse coñecementos importantes dos materiais e do seu comportamento, así como do producto, co fin de realiza-lo control de calidade en liña.

2.7. Posición no proceso productivo:

2.7.1. Contorno profesional e de traballo:

A figura profesional sitúase no subsector da confección de productos téxtiles e pel e, fundamentalmente en empresas ou talleres con actividades como as seguintes:

* Confección industrial de pezas de roupa e complementos téxtiles do vestir.

* Confección industrial de artigos téxtiles para o fogar, usos industriais e deportivos.

* Confección industrial de pezas de roupa e complementos de pel do vestir.

* Confección á medida de pezas de roupa.

A estructura empresarial do subsector configúrase principalmente en pequenas e medianas empresas, dándose tamén situacións de autoemprego.

A actividade da figura profesional sitúase na área de fabricación e nos procesos productivos de confección de roupa e artigos téxtiles e de peles.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico:

Atendendo á estructura organizativa da empresa e proceso productivo no que opera, pode asumir un maior ou menor número de funcións que poden ir desde a preparación das máquinas e execución dunha ou varias operacións ou unha fase completa do proceso ata a elaboración de un prototipo ou serie.

As técnicas e coñecementos tecnolóxicos que interveñen no seu traballo abranguen o campo da manufacturación dos materiais téxtiles, pel e coiro. Encóntranse ligados directamente a:

* Proceso de fabricación: conxunto de máquinas e equipos de fabricación de roupa e artigos.

* Técnicas empregadas no proceso de fabricación.

* Coñecemento das características e propiedades dos materiais téxtiles, pel e coiro.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes:

A título de exemplo e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase a continuación un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Cortador de roupa e artigos téxtiles.

* Cortador de roupa de pel.

* Cosedor-ensamblador.

* Preparador ó cosido de roupa de pel.

* Bordador con máquina.

* Pasador de ferro-acabador.

* Confeccionista á medida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo:

* Buscar, interpretar e expresar información técnica relacionada coa profesión, analizando e valorando o seu contido e utilizando a terminoloxía e simboloxía adecuadas, como soporte que lle posibilite o coñecemento e a inserción no sector téxtil, confección e pel e a evolución e adaptación das súas capacidades profesionais ós cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

* Planifica-lo conxunto de actividades necesarias para realiza-lo seu traballo con iniciativa e responsabilidade, identificando e seleccionando a información e medios técnicos necesarios, coa finalidade de obter un producto axustado ás normas e parámetros previstos co máximo aproveitamento de recursos.

* Prepara-los equipos e máquinas de corte, ensamblaxe e acabamentos que interveñen no proceso de confección de roupa e artigos de maneira autónoma e metódica, mediante a programación, regulación e acondicionamento da materia prima, coa finalidade de consegui-la posta a punto nas condicións prefixadas.

* Realiza-la confección de roupa e artigos, interpretando os patróns básicos e as súas partes compoñentes, con autonomía e destreza, posicionando correctamente os materiais e compoñentes, controlando o proceso e operando as máquinas ou ferramentas con precisión, coa finalidade de obte-lo producto coas características de calidade requiridas e

efectua-lo traballo co rendemento técnico e económico adecuado.

* Identifica-las propiedades e características máis relevantes das materias téxtiles, peles e coiros, as súas aplicacións e criterios de utilización, coa finalidade de realizar correctamente o proceso.

* Resolve-los problemas que xurdan nos procesos de confección de roupa e artigos, diagnosticando as causas de incidencias ou anomalías e actuando en consecuencia, coa finalidade de dar resposta ás continxencias do proceso.

* Comprende-lo marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, adquirindo a capacidade de segui-los procedementos establecidos e de actuar con eficacia nas anomalías que se poidan presentar neles.

* Recoñecer e aplica-las normas de seguridade persoal, de instalacións e do ambiente, destinadas tanto a resolver situacións de urxencia como de prevención de accidentes nos diferentes ámbitos.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia:

3.2.1. Módulo profesional 1: técnicas de corte de tecidos e peles:

Asociado á unidade de competencia 1: realiza-lo corte de materiais.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-las fichas técnicas de patronaxe e corte e comprobar que recollen tódolos requisitos de aplicabilidade segundo os protocolos establecidos.

* Interpretar tallas e táboas de medidas segundo as tallas normalizadas españolas (TNE).

* Traza-los patróns base compoñentes dunha peza de roupa ou artigo.

-Transforma-lo patrón base: cortes verticais e horizontais.

-Industrialización do patrón.

* Interpretar e clasificar ordenadamente a patronaxe industrial para la posterior utilización en la marcada.

* Describi-las secuencias de traballo que caracterizan o proceso, relacionándoas coas máquinas e equipos utilizados.

* Enumera-los tipos de máquinas que se poden utilizar no corte de tecidos e pel e indica-las características, aplicacións e modo de emprego.

* Realiza-los estudios de marcadas tendo en conta os diferentes largos, os distintos materiais, o aproveitamento do tecido e/ou pel e as súas minguas, a distribución idónea dos patróns sobre o colchón, as tallas combinadas, a dirección de debuxo, o pelo e o viso.

* Detectar taras e aplica-las medidas correctoras destinadas a evitar que aparezan en zonas de tecido que correspondan a partes visibles da peza de roupa.

* Analiza-lo comportamento dos tecidos, peles e outros materiais, indicando a relación entre tecido e maquinaria.

* Realiza-la estendedura do tecido ou pel interpretando as condicións técnicas das fichas.

* Verificar que a estendedura seleccionada a partir dunha orde de corte que a especifique é a correcta.

* Selecciona-las máquinas e útiles de corte industrial de tecido e pel en función do tipo de material e do volume de fabricación.

* Mante-lo equipo de corte en perfecto estado de conservación, valorar desgastes ou roturas e identifica-las causas ou factores que as provocan.

* Selecciona-las máquinas, equipos, útiles e instrumentos necesarios para realiza-lo corte segundo a orde de traballo.

* Clasifica-los diferentes procedementos de corte relacionándoos cos materiais que se corten.

* Organiza-las actividades de execución do corte de tecidos e/ou pel conforme a información técnica, concretando a secuencia de operacións.

* Corta-lo colchón aplicando as fases de despezamento, afinación, marcaxe, piquetes e elaboración de sinais interiores.

* Repasar, identificar, clasificar, empaquetar e controlar compoñentes cortados.

* Describi-las normas de seguridade que cómpre ter en conta tanto para a protección persoal como para a protección de equipos e máquinas.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Introducción ó corte:

* Descrición, clasificación e enchemento de fichas técnicas de patronaxe e corte.

* Interpretación de tallas e táboas de medidas.

* Identificación de patróns: principais, auxiliares e de modelo.

* Trazado de patróns base de roupa de señora e cabaleiro:

-Interpretación de modelos sinxelos: cortes horizontais (canesús) e verticais (costados).

Procesos e sistemas de corte:

* Organización xeral do traballo que se vai desenvolver.

* Selección do procedemento de corte en función do material para cortar, colchón, patróns ou marcada.

* Preparación de máquinas e útiles de corte.

* Análises das normas de seguridade.

Estudios de marcadas:

* Exposición xeral dos tipos de marcadas empregadas na industria:

-Convencional.

-Asistida por ordenador: interactiva e automática.

* Clasificación de operacións segundo o tipo de marcada.

* Representación de diversas marcadas: combinadas, con pelo, cadros, raias, en augas...

* Aplicación das técnicas de optimización ou rendemento da marcada.

Taras:

* Repaso e detección de fallos no tecido: defectos de tecedura, desigualdade de tintura por peza, inestabilidade dimensional.

* Análise do comportamento dos tecidos no proceso de corte.

Técnica de estendedura e posicionamento do tecido:

* Análise de documentación técnica.

* Preparación do equipo de estendedura en función do tipo de material, número de capas, lonxitude, tensión e velocidade de alimentación.

Reproducción de marcadas e corte:

* Colocación de patróns ou marcada sobre o colchón.

* Verificación do correcto amoreamento das camadas do colchón.

* Execución do corte convencional procedendo a:

-O despezamento.

-A afinación.

-A marcaxe de piquetes.

* Comprobación da calidade do corte:

-Agrupación de pezas e etiquetaxe.

-Empaquetamento.

-Elaboración de fichas de control.

A seguridade no posto de traballo:

* Aplicación das normas específicas de seguridade persoal e do uso no manexo das máquinas e ferramentas para o corte.

Mantemento das máquinas e útiles:

* Revisión, limpeza e conservación das máquinas de corte.

Contidos conceptuais

Introducción ó corte:

* Fichas técnicas de patronaxe: tipos e características.

* Fichas técnicas de corte: tipos e características.

* Talle e táboas de medidas. Expresión.

* Patróns base de señora e cabaleiro (saia, pantalón, camisa e chaleco):

-Transformacións básicas.

-Normalización para industrializa-lo patrón base.

Procesos e sistemas de corte:

* As máquinas e equipos de corte. Sistemas de seguridade das máquinas.

* Sistema convencional.

* Sistema asistido por ordenador.

* Sistema por presión.

* Máquinas de corte convencional:

-De coitela vertical.

-De coitela vertical con brazo articulado.

-De coitela circular.

-De cinta continua.

-Tesoiras eléctricas.

-Tesoiras de fío recto e dentado.

-Cortador con graduador de presión.

-Ferramentas e útiles.

-Mesas de corte.

* Relación entre tecido ou pel e maquinaria.

Estudios de marcadas:

* A marcada: tipos, características, optimización e minguas.

Taras:

* A tara: medidas correctoras para evita-la súa presencia en zonas visibles do artigo.

Técnicas de estendedura e posicionamento do tecido:

* Elementos que compoñen o equipo.

* Sistemas de estendedura do material:

-Estendedura unitaria.

-Estendedura manual.

-Estendedura semiautomática.

-Estendedura automática.

-Criterios de selección.

Reproducción de marcadas e corte:

* Manual. Con plotter.

* Secuencia de operacións.

* Compoñentes de artigos cortados:

-O repaso de pezas.

-A identificación e agrupación.

-A etiquetaxe.

-O empaquetamento.

A seguridade no posto de traballo:

* Causas de riscos e accidentes.

* Medidas preventivas.

Contidos actitudinais

* Ser conscientes da importancia da participación activa na elaboración de fichas técnicas.

* Rigor na exactitude das táboas de medidas.

* Atención no trazado de patróns base, as súas transformacións máis elementais e industrialización.

* Cooperación na distribución e preparación de tarefas na sección de corte.

* Compromiso coas obrigas asociadas ó proceso da posta a punto da maquinaria e da estendedura.

* Constancia na corrección das desviacións no rendemento e nos parámetros de corte.

* Valoración do tempo necesario na realización do proceso para optimizalo.

* Eficacia no aproveitamento dos materiais.

* Atención á orde e ó método de traballo establecido.

* Ordenación do posto de traballo, boa distribución de ferramentas, útiles e maquinaria e recolla sistemática de subproductos.

* Autosuficiencia na preparación e execución das operacións de corte e no mantemento operativo dos equipos.

* Resposta a situacións non previstas mediante a reorganización do traballo.

* Adaptación ós cambios tecnolóxicos que se van introducindo no campo profesional.

* Uso correcto de cada ferramenta, útil e máquina de corte.

* Cumprimento das normas de seguridade persoal.

3.2.2. Módulo profesional 2: técnicas de ensamblaxe:

Asociado á unidade de competencia 2: realiza-la ensamblaxe de elementos.

Capacidades terminais elementais

* Interpreta-las especificacións do artigo, as operacións, os procedementos operativos e de organización do posto de traballo.

* Preparación de costura e ensamblaxe de compoñentes a partir dunha orde de traballo, dunha lista de fases e da ficha técnica.

* Enumera-las actividades e traballos que se poden realizar no taller comparándoos co proceso de ensamblaxe industrial.

* Describi-los equipos, as máquinas e as súas prestacións, indicando os seus compoñentes.

* Identificar e selecciona-los materiais, útiles e accesorios cos que se vai traballar no taller.

* Determinar características, funcións e aplicacións de máquinas para ensamblaxe en pel e en tecido.

* Clasifica-las máquinas segundo a súa operatividade.

* Manexar adecuadamente o vocabulario técnico para os distintos procesos de ensamblaxe.

* Selecciona-la información técnica, as máquinas, agullas, accesorios, fíos e outros materiais necesarios para a preparación e costura ou ensamblaxe, en función do material, do tipo de operación, da costura e do artigo.

* Enuncia-los accesorios que se poden incorporar ás máquinas, identificando o seu uso.

* Axustar, regular e, se é necesario, programar de maneira metódica, segura e precisa, os equipos e as máquinas de preparación e ensamblaxe de materias a partir das especificacións técnicas.

* Defini-los elementos substituíbles dos órganos operadores. Realiza-la limpeza e conservación.

* Identificar anomalías e desaxustes de funcionamento durante os procesos de preparación, ensamblaxe, pasada a ferro e termofixación, relacionándoas coas súas posibles causas, e resolver anomalías sinxelas.

* Confeccionar compoñentes de roupa e/ou artigos de tecido e materias afíns.

* Identifica-lo tipo de puntada e de costura a partir da súa representación gráfica ou da puntada e/ou costura xa feitas.

* Seleccionar tipos de fíos e agulla en función do traballo que se vaia desempeñar e da materia prima coa que se traballe.

* Uni-los compoñentes de pezas de roupa de tecido e/ou pel, seguindo a información presentada na lista de fases e mantendo os tempos establecidos nas fichas técnicas.

* Vixia-las desviacións de calidade da costura ou da ensamblaxe e solucionalas durante o proceso de producción indicando a repercusión que poden te-los defectos na calidade do producto acabado.

* Soluciona-los desaxustes nas máquinas e mante-lo estado operativo de equipos, máquinas e útiles.

* Unir materiais téxtiles por medio da colaxe; establece-los criterios de selección do adhesivo, indica-lo comportamento no lavado e os criterios de calidade.

* Ensamblar por termoselaxe en función das fichas técnicas de traballo, comprobando o comportamento dos materiais e establecendo os criterios de calidade.

* Organiza-lo posto de traballo. Distribuí-las máquinas e os elementos auxiliares de manutención.

* Efectua-lo control do producto montado valorando a disposición da peza de roupa ou artigo para o control, os seus parámetros de calidade, verificación de medidas, defectos ou desviacións, aplicando os oportunos criterios e métodos de corrección.

* Interpreta-la documentación técnica de fabricación para a súa fabricación.

* Identifica-las causas de riscos que se derivan dunha manipulación incorrecta ou do descoido na utilización dos equipos e as máquinas.

* Defini-los riscos que pode entraña-la incorrecta manipulación de colas e pegamentos.

* Destacar e aplica-las medidas oportunas para evitar riscos derivados do posto de traballo.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

O taller de confección:

* Descrición do contorno e dos espacios do taller do centro educativo:

-Seccións que o constitúen.

-Máquinas e equipos que o integran.

-Medios e materiais dos que se dispón.

Cinemática da máquina de coser:

* Análise do funcionamento e manexo profesional das máquinas.

* Manexo e selección de documentación técnica.

Accesorios:

* Utilización e axuste de accesorios.

* Enfiadura segundo as características das máquinas que se empreguen.

Órganos operativos das máquinas:

* Revisión, limpeza, conservación e mantemento das máquinas.

* Interpretación dos manuais das máquinas.

* Detección e corrección de anomalías nas fases de posta a punto da maquinaria, ensamblaxe, termofixación e pasada de ferro.

Puntadas e costuras. Normas ISO e UNE:

* Análise dos distintos tipos de costuras, tendo en conta a súa designación e representación gráfica.

* Clasificación das costuras de distintas pezas ou artigos.

Fíos de coser e agullas:

* Clasificación dos fíos de coser segundo a súa numeración, composición e torsión.

* Clasificación das agullas en función dos materiais que se empreguen.

* Localización de fallos de ensamblaxe e deducción e aplicación das medidas correctoras.

A cadea de producción:

* Determinación do percorrido que fará unha peza de roupa ou artigo durante a ensamblaxe.

* Preparación de compoñentes de pezas e artigos.

* Ensamblar ordenadamente, mediante os procedementos de costura, colaxe e termoselaxe con establecemento dos tempos necesarios.

Normalización para industrializa-lo patrón tipo:

* Identificación exteriores: piquetes, largos de costura, suplex... nas pezas para ensamblar.

* Identificación dos sinais interiores: localización de petos, adornos e botoeiras.

Defectos derivados da ensamblaxe:

* Localización de fallos de ensamblaxe, deducción e aplicación das medidas correctoras.

Adhesivos e colas:

* Selección de colas, adhesivos e procedementos de termoselaxe na confección de artigos de pel e materiais plásticos.

O control de calidade:

* Aplicación do control de calidade na execución do proceso establecendo os postos de control necesarios.

Fichas técnicas do producto:

* Interpretación de fichas técnicas, aplicación e enchemento.

Normas de seguridade e hixiene:

* Aplicación dos sistemas de seguridade persoal para o manexo de máquinas e productos tóxicos.

Contidos conceptuais

O taller de confección:

* Instalacións.

* Equipo do taller de ensamblaxe.

Cinemática da máquina de coser:

* Características e aplicacións:

-Máquina de puntada plana.

-Máquina de dobre pesponto.

-Máquina de zigzag.

-Máquina de cadeneta simple.

-Owerlock de 3 fíos.

-Owerlock con puntada de seguridade.

-Máquina de recubrimento.

-Máquina de triple arrastre.

-Máquina de puntada invisible.

-Máquina de botoeiras e botóns.

-Máquina de colaxe e termoselaxe.

Accesorios:

* Prensateas.

* Sistemas de arrastres, cortafíos automático, funís, posicionamentos de agulla, ourelador, guías.

* Enfiadura das máquinas.

Órganos operativos das máquinas:

* Prensateas.

* Placa de agulla.

* Panca xeonlleira.

* Tensión.

* Dentes de arrastre.

Puntadas e costuras. Normas ISO e UNE:

* Tipos de puntada: estructura e características máis representativas.

* Aplicacións.

Fíos de coser e agullas:

* Tipos.

* Propiedades.

* Presentación.

* Relación agulla, fío, tecido.

* A formación da puntada.

A cadea de producción: concepto e características para a súa implantación:

* Percorrido que efectúa un artigo na cadea de producción.

Normalización para industrializa-lo patrón base:

* Sinais interiores.

* Sinais exteriores.

* Largos de costura.

* Suplex.

* Tacóns.

Defectos derivados de ensamblaxe:

* Causas.

* Medidas correctoras.

Adhesivos e colas:

* Colaxe: características e aplicacións.

* Termoselaxe: características e aplicacións.

O control de calidade:

* Comportamento dos compoñentes obtidos:

-Primeiras materias.

-Fíos de coser.

-Alimentación de costuras.

-Resistencia e solidez.

Fichas técnicas do producto:

* Orde de producción.

* Listas de fases.

* Follas de rutas.

* Follas de control de calidade.

Normas de seguridade e hixiene:

* Na utilización de equipos e máquinas.

* Na protección persoal.

* Na manipulación de pegamentos e colas.

Contidos actitudinais

* Valora-la importancia de efectuar de forma sistemática e secuenciada as tarefas de limpeza e mantemento das máquinas de ensamblaxe, para que o seu funcionamento sexa óptimo.

* Interese pola correcta elección de adhesivos e termoselaxe en función do artigo que se traballe.

* Ser conscientes dos fallos que poidan xurdir durante os procesos de termoselaxe, ensamblaxe e pasada a ferro, anticipándose a eles na medida do posible.

* Rigor na aplicación dos parámetros de calidade establecidos.

* Participación no desenvolvemento das diferentes tarefas reflectidas na ficha técnica.

* Rigor na interpretación e aplicación das listas de fases de confección.

* Colaboración co grupo para establece-lo percorrido da peza de roupa ou artigo nas operacións de ensamblaxe.

* Valoración da importancia de executa-las medidas e normas de seguridade establecidas.

* Ser consciente da importancia de adquirir e utiliza-la linguaxe técnica específica da súa profesión.

3.2.3. Módulo profesional 3: acabamentos de confección:

Asociado á unidade de competencia 3: realiza-los acabamentos.

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los sistemas de acabamentos de confección para selecciona-los máis adecuados segundo a presentación comercial que se desexa obter.

* Describi-las actividades que se poden realizar na fase de acabamentos, indicando os equipos e máquinas que se empreguen.

* Clasifica-los acabamentos intermedios e finais en función do artigo ou peza de roupa que se fabrique, comprobando que se acada a calidade establecida.

* Organizar, con criterios de eficacia e autonomía, as actividades de traballo necesarias para acabar e presentar un artigo ou peza de roupa, a partir da información contida nunha ficha técnica e nunha orde de producción.

* Describi-lo intercambio de pratos en prensas e de autómatas segundo a peza de roupa ou partes dela que se vaian ensamblar.

* Regular presión, temperatura, tempo e vapor en función dos artigos téxtiles ou pel que se utilice.

* Limpar e lubrifica-las máquinas utilizadas para que se manteñan nun estado de funcionamento óptimo.

* Valora-la deterioración de maquinaria e compoñentes, corrixir anomalías e identifica-las causas que as provocaron.

* Describi-las medidas de seguridade persoal e de equipos aplicables durante o proceso, destinadas a evitar accidentes.

Contidos (duración 105 horas)

Contidos procedementais

Técnicas de acabamentos:

* Clasificación do equipamento e sistemas de organización.

A pasada a ferro:

* Análise da sección de pasada a ferro no proceso industrial.

Documentación técnica:

* Interpretación da documentación e especificacións técnicas.

Procedementos de pasada a ferro:

* Identificación da forma de prato que se debe utilizar para pasar a ferro, segundo o compoñente que se desexa conformar.

* Realización de probas de prensadura sobre distintos materiais para comproba-lo seu comportamento ante a variación dalgún dos seus parámetros.

Parámetros de presentación en mercado:

* Descrición de máquinas de dobradura e de embolsado.

Os fallos no proceso de acabamentos:

* Selección de anomalías que se poden presentar na industria por descoidos e fallos do proceso de acabamentos. Modo de corrixilos.

Riscos inherentes ó proceso de acabamentos:

* Aplicación das normas de seguridade persoal e de uso nos distintos procesos.

Contidos conceptuais

Técnicas de acabamentos:

* En húmido.

* En seco.

* A sección de pasada a ferro dentro do proceso de acabamentos.

A pasada a ferro:

* A pasada a ferro: definición, tipos, procedementos, parámetros:

-Intermedia.

-Final.

Documentación técnica e manuais de uso:

* Tipos e características.

Procedementos de pasada a ferro:

* Manual: características e tipos.

* Mecánica: características e tipos.

* En prensa: características e tipos.

* Cámaras de vaporización e manequíns vaporizadores.

* Manequíns vaporizadores.

Conservación e mantemento das máquinas, útiles e ferramentas:

* Características de conservación de máquinas.

* Características de conservación de útiles.

* Características de conservación de ferramentas.

Parámetros de presentación no mercado:

* En percha.

* Dobrado.

* Embolsado.

Os fallos no proceso de acabamentos:

* Causas.

* Consecuencias.

* Medidas correctoras.

Riscos inherentes ós procesos de acabamento:

* Causas que producen accidentes.

* Medios de protección persoal.

* Precaucións no manexo de equipos.

Contidos actitudinais

* Valoración crítica das actividades do proceso de acabamentos.

* Implicación directa na preparación e posta a punto de máquinas e ferramentas da sección de acabamentos.

* Curiosidade polas distintas máquinas do proceso de acabamento existentes no mercado.

* Confianza na organización das actividades do seu traballo.

* Interese polas novas tecnoloxías presentadas en feiras e convencións.

* Sensibilización pola industria téxtil e de pel do seu contorno.

* Aceptación das normas de seguridade, valorando a súa importancia en todo o proceso.

3.3. Módulos profesionais transversais:

3.3.1. Módulo profesional 4: materias téxtiles:

Capacidades terminais elementais

* Recoñece-los productos téxtiles segundo a súa natureza e estructura e describir características e propiedades das materias téxtiles.

* Expresar e medi-los parámetros de fibras, fíos e tecidos polos procedementos adecuados, utilizando para iso os instrumentos necesarios e as unidades e medidas propias.

* Interpretar e cubrir fichas técnicas de mostras de materiais téxtiles comprobando que recollan os datos máis relevantes delas.

* Describi-los procesos necesarios para la obtención de fíos, tecidos, teas non tecidas e outros artigos téxtiles.

* Describi-los procedementos de aprestos e acabamentos determinando as substancias empregadas e as características que se conseguen con eles.

* Identifica-los defectos debidos a fallos de producción ou tratamentos nos productos téxtiles, sinalando a súa localización.

* Deducir en fibras, fíos, tecidos e non tecidos os procesos de fabricación, os tratamentos a que se someteron e as características conseguidas con eles.

* Identifica-los criterios que se seguen na selección de fibras, fíos e tecidos, segundo o producto que se fabrique.

* Describi-los criterios que se seguen na selección dos aprestos e/ou acabamentos que deben te-las fibras, fíos, tecidos e/ou pezas confeccionadas para conseguir unhas características determinadas.

* Valora-los defectos máis frecuentes debidos ás materias primas e a súa repercusión nas características finais do producto.

* Describi-lo comportamento de fíos e tecidos ante as agresións que sufrirán no uso normal da roupa.

* Indica-las condicións de conservación (temperatura, luz, humidade, ventilación...) que debe ter un almacén para mante-las materias téxtiles en bo estado.

* Regular nos almacéns as condicións de conservación ás que estarán sometidas as materias téxtiles.

* Identifica-las fases de control no proceso de fiadura e tecedura dun producto, indicando útiles e medidas.

* Identifica-los medios e dispositivos de control que deben ser utilizados no traballo que se vai realizar.

* Determina-lo tamaño da mostra necesario para realiza-los controis establecidos no plan de calidade.

* Describi-los defectos que se deben ter en conta no control de calidade final.

* Describi-los procedementos de selección, toma, preparación e conservación de mostras para realizar ensaios e probas de control de calidade.

Contidos (duración 80 horas)

Contidos procedementais

As fibras:

* Identificación organoléptica das fibras, fíos e tecidos.

* Identificación pirognóstica de fibras.

* Análise microscópica de fibras:

-Extracción da mostra.

-Preparación dunha probeta.

-Axuste do microscopio.

Fíos:

* Identificación de fíos:

-Características estructurais.

-Estimación do tipo de acabamento.

-Recoñecemento dos defectos máis usuais de estructura e acabamentos.

Tecidos non tecidos:

* Determinación das características estructurais dos tecidos non tecidos tendo en conta os procesos de fabricación, o grosor, a gramaxe, cohesión e resistencia dos tecidos non tecidos.

Tecidos de punto:

* Localización da face e do aveso no tecido de punto: sentido das pasadas e columnas, ligamentos e densidade.

* Determinación de parámetros básicos do tecido de punto: gramaxe, resistencia, elasticidade, estabilidade dimensional e procesos de fabricación.

Tecidos de calado:

* Localización da face e do aveso no tecido de calado: urdido, trama, densidade e ligamentos.

* Determinación de parámetros básicos do tecido de calado: gramaxe, resistencia, estabilidade e procesos de fabricación.

Realización de controis e ensaios de calidade:

* Determinación do tipo de ensaio segundo os datos que se queiran obter.

* Interpretación da metodoloxía que se emprega.

* Extracción da mostra e preparación dos aparellos que se utilicen.

* Realización do ensaio.

* Obtención e presentación dos resultados.

Contidos conceptuais

Fibras:

* As fibras: clasificación, orixe e obtención.

* Características e propiedades fundamentais.

* Aplicacións.

* Mesturas.

* Defectos.

Fíos:

* Os fíos: estructura e características:

-Propiedades.

-Aplicacións.

-Defectos.

* Fiadura: tipos, etapas e acabamentos.

Tecidos non tecidos:

* Os tecidos non tecidos: compoñentes e estructuras.

* Características.

* Aplicacións.

* Procesos de obtención.

* Defectos.

Tecidos de punto:

* A malla.

* Tipos: por recolla e por urdido.

* Representación gráfica e terminoloxía.

* Elementos básicos para a formación de mallas.

* Ligamentos básicos.

* Procesos de obtención.

* Aplicacións.

* Defectos.

Tecidos de calado:

* Estructura.

* Ligamentos: definición e clasificación.

* Procesos de tecedura de calado:

-Etapas e elementos principais.

-Aplicacións.

-Defectos.

Ennobrecemento téxtil:

* O ennobrecemento téxtil segundo os diferentes estados da materia:

-Tratamentos: preparación, branqueo, tintura, estampación, apresto, fixación e acabamento.

-Procesos: etapas, productos químicos e maquinaria.

-Características, propiedades e defectos máis usuais nos productos acabados.

* Relación entre a confección e os materiais e/ou as características de ennobrecemento do producto.

* Presentación comercial de materias e productos téxtiles.

* Condicións de almacenaxe, conservación e manipulación.

Controis e ensaios de calidade:

* Normas de calidade. Tolerancias.

* Equipos de medida e ensaio.

* A toma e preparación de mostras.

* Os ensaios: concepto e tipos:

-Ensaios físicos.

-Ensaios químicos.

* O tratamento de resultados e de datos estatísticos.

* Normas de seguridade para aplicar.

Contidos actitudinais

* Responsabilidade na preparación e uso de útiles e aparellos para a identificación e ensaio de materiais téxtiles.

* Constancia á hora de detectar, corrixir e revisa-los datos obtidos a partir da análise de fibras, fíos e tecidos.

* Orde e método de traballo.

* Preocupación pola distribución do traballo e do tempo segundo a documentación técnica.

* Rigor no cumprimento do método de ensaio e das normas establecidas.

* Conciencia da importancia que ten a perfecta conservación dos aparellos empregados.

* Cumprimento das normas para a seguridade persoal e dos equipos.

* Actitude emprendedora nas tarefas e accións.

* Autoavaliación sistemática do método seguido e da fiabilidade dos resultados.

3.3.2. Módulo profesional 5: pel e coiro:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los distintos tipos de peles en función da súa orixe, describindo as súas características e propiedades, indicando a súa aplicabilidade na industria da confección.

* Utiliza-la terminoloxía, medidas e unidades adecuadas para identifica-las características e propiedades das peles.

* Identifica-las características e parámetros que é necesario comprobar para o uso de peles e coiros.

* Medi-los parámetros utilizando os instrumentos e procedementos adecuados expresándoos nas unidades que proceda.

* Interpretar e encher fichas técnicas que recollan as características das peles que deben ser tidas en conta en función do uso que se lles vaia dar.

* Describi-los distintos procesos de obtención de peles e coiros comparando o producto antes e despois da aplicación dos procesos de fabricación establecidos.

* Distingui-los diferentes tipos de tratamentos e acabamentos que sofren as peles, describindo as características que se conseguen sobre as diferentes peles.

* Identifica-los defectos producidos nas peles polos fallos na aplicación dos distintos tratamentos e indica-las medidas preventivas e correctoras destes.

* Deduci-los procesos de fabricación e os tratamentos necesarios para consegui-las propiedades desexadas sobre os distintos tipos de peles.

* Identifica-los criterios que se deben seguir para selecciona-las peles, os tratamentos e acabamentos necesarios para obter unhas características determinadas.

* Valora-la incidencia que os defectos das peles teñen no producto final.

* Recoñece-lo comportamento das peles nos distintos procesos de manufacturación.

* Clasifica-las peles segundo o tamaño, grosor e defectos que conteñan.

* Indica-las condicións de conservación (temperatura, luz, humidade, ventilación...) que debe ter un almacén para mante-las peles en bo estado.

* Indica-las condicións de conservación que deben reuni-los almacéns en función do tipo de pel que se almacene.

* Determina-lo tamaño da mostra necesaria para realiza-los controis establecidos no plan de control de calidade.

* Describi-los defectos que se deben ter en conta no control de calidade final.

* Identifica-los medios e dispositivos de control que se deben realizar.

* Describi-los métodos de toma, preparación e conservación de mostras para ensaios e/ou probas de control.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Natureza e características da pel:

* Identificación da natureza das peles: estructura, propiedades físicoquímicas, poros e grans.

* Utilización da terminoloxía, medidas e métodos propios para medir parámetros.

* Acondicionamento da pel para a medida.

* Realización da medida da superficie.

* Valoración dos resultados da medición.

Tratamento da pel e do coiro:

* Identificación do curtume:

-Vexetal.

-Ó cromo.

-Con outras materias nutrientes.

* Identificación dos métodos de tintura de peles e coiros:

-Colorantes.

-Solideces.

* Igualación da cor entre distintas peles.

* Identificación das operacións de acabamento en peles e coiros.

Peles e coiros aplicados á industria da confección:

* Identificación dos principais defectos da pel con base en:

-Defectos da pel en bruto.

-Defectos producidos durante a conservación.

-Defectos debidos a fallos nos distintos tratamentos sufridos pola pel.

* Identificación das variacións nas características das peles pola acción do ambiente.

Control e ensaio da calidade das peles:

* Identificación organoléptica das características das peles:

-Elasticidade.

-Pregamento.

-Alongamento.

-Cor.

* Aplicación dos sistemas de seguridade persoal e dos equipos.

Contidos conceptuais

Natureza e características da pel:

* Procedencia.

* Tipos.

* Zonas dunha pel: defectos das peles en bruto.

* Parámetros para ter en conta nas peles en bruto.

* Conservación das peles en bruto: en seco e en salgadura.

Tratamento da pel e o coiro:

* Tratamentos de ribeira:

-Operacións.

-Características.

-Maquinaria utilizada.

* Tratamentos de curtume:

-Ó cromo.

-Vexetal.

-Sintético.

* Tintura, engraxe e secamento: características.

* Operacións de acabamento:

-Capas.

-Tipos.

-Efectos especiais.

Peles e coiros aplicados á industria da confección:

* Acabamentos dos diversos tipos de coiros empregados na confección.

* Comportamento e aplicación das peles en proceso de confección de artigos e pezas de roupa diversas.

* Influencia dos defectos no proceso de manufactura e na calidade final do producto.

* Condicións de almacenaxe e conservación. Vida útil.

Control e ensaio da calidade das peles:

* Normas de calidade.

* Especificacións e tolerancias:

-Instrumentos e equipos de medida.

-Elasticidade, resistencia e solideces.

-Superficie e grosor.

* Normas de seguridade na utilización de equipos e na realización de controis.

Contidos actitudinais

* Participación activa na selección das peles e dos útiles necesarios para a súa identificación.

* Constancia e metodoloxía no proceso de identificación, ensaio, obtención e presentación de datos.

* Rigor no cumprimento do método de ensaio e das normas establecidas.

* Preocupación polo mantemento dos aparellos nas condicións operativas adecuadas.

* Cumprimento das normas de seguridade persoal e dos equipos.

* Interese en mellora-la adecuación das peles para a obtención do producto final.

* Interese pola mellora na optimización da marcada.

* Valoración sistemática dos resultados obtidos.

3.3.3. Módulo profesional 6: productos e procesos de confección:

Capacidades terminais elementais

* Identifica-los distintos tipos de organización nas industrias da confección, indicando o sistema de traballo utilizado en función do tipo de peza de roupa, do volume de producción, do número de operarios...

* Interpreta-la información técnica necesaria para definir un producto e establece-los procesos de fabricación industrial que lle corresponden.

* Relaciona-lo estado da materia prima á entrada e saída de cada unha das secuencias: corte, ensamblaxe e acabamento.

* Describi-las distintas fases do proceso, en función do tipo de peza de roupa que se quere conseguir, das máquinas e dos equipos que se empreguen.

* Identifica-las características de máquinas, equipos, útiles, ferramentas e instalacións precisas para fabrica-las pezas de roupa.

* Establece-las diferencias entre un proceso industrial e o empregado no taller tendo en conta o tipo de maquinaria dispoñible e a producción.

* Elixir un tipo de peza de roupa atendendo ás súas necesidades funcionais, estéticas, sociais, económicas, técnicas e de materias primas.

* Reuni-la información correspondente para a realización dunha peza de roupa.

* Defini-las características e parámetros da peza de roupa, tecido, pel e fornituras, axustándose ás normas técnicas en vigor e establecendo as súas esixencias estructurais, de calidade, uso e presentación.

* Establece-la secuencia de operacións das fases de corte, ensamblaxe e acabamento, indicando o tempo aproximado de realización, seleccionando as máquinas, ferramentas e útiles máis adecuados.

* Valora-la viabilidade de realización dun producto no referente a medios de producción, secuencia de operacións técnicas, materiais, tipos de puntada, características da peza de roupa e plan de acción previsto.

* Identifica-las fases de control e autocontrol nun proceso de confección, igual que os procedementos que se deben seguir para acada-los obxectivos de calidade.

* Identifica-los medios e útiles de control empregados durante o proceso de fabricación industrial.

* Defini-la función do bosquexo, etapas da súa elaboración e elementos informativos.

* Relaciona-las características morfolóxicas e os principais movementos do corpo humano cos cadros de medidas, as proporcións normalizadas e os patróns dos compoñentes.

* Identifica-los símbolos propios dos compoñentes dun patrón, tanto os relacionados coa marcaxe como coa ensamblaxe.

* Distingui-las clases de patróns e os compoñentes principais co tipo de artigo, o segmento de poboación e o talle.

* Realizar bosquexos con claridade, rigor e sentido estético, incluíndo toda a información necesaria (formas, dimensións, fornituras, materiais, acabamentos...), en función do modelo representado.

* Determina-los obxectivos que se desexan acadar nunha peza de roupa (estilo, axuste, detección de defectos...), segundo o uso ó que estea destinada.

* Indica-las modificacións e correccións oportunas para realizar no proceso de fabricación do prototipo definitivo.

* Identifica-los aspectos e criterios a partir dos que se avaliará a peza de roupa (dimensións, proporcións, axuste, forma, cor, caída...).

* Enumera-los factores que inflúen no custo total dunha peza de roupa durante o proceso de fabricación.

* Localiza-la información precisa a través das distintas fontes documentais (revistas técnicas, catálogos, vídeos...) para poder definir un artigo.

* Cubri-la documentación que de forma máis frecuente se usa no proceso de confección dun artigo, empregando a terminoloxía e o léxico adecuados.

Contidos (duración 160 horas)

Contidos procedementais

Industria da confección:

* Desenvolvemento xeral da organización da empresa, baseado en organigramas funcionais.

* Interpretación técnica dun producto: transformacións que sofren as materias primas nas diferentes etapas productivas.

* Diferenciación entre producción industrial e producción no taller.

Planificación da producción:

* Selección da información técnica. Identificación das características funcionais da peza de roupa.

* Planificación de coleccións, calendario e tendencias.

* Análise comparativa das distintas conformacións anatómicas e correspondencia cos talles españois normalizados. TNE.

* Realización de bosquexo, en plano, do artigo e dos seus compoñentes. Aplicacións da simboloxía.

* Identificación de patróns segundo a simboloxía utilizada.

* Identificación do tipo de peza ou artigo e interpretación das fichas técnicas.

* Interpretación de obxectivos segundo o sector de poboación ó que vai dirixida.

* Cuantificación económica do custo dunha peza de roupa tendo en conta as súas características e o proceso empregado na súa realización.

* Uso dos medios de información dispoñibles e a súa aplicación no enchemento da documentación precisa para definir un artigo.

* Corrección sobre prototipo e avaliación da peza de roupa.

* Identificación dos parámetros que integran a documentación que vai xunto cos artigos ou pezas de roupa.

Maquinaria de confección:

* Selección da maquinaria apropiada segundo a producción.

* Descrición dos elementos que compoñen as diferentes máquinas.

* Posta a punto da maquinaria.

Enxeñería de fabricación:

* Establecemento do método.

* Clasificación de puntadas e costuras.

* Cálculo do tempo.

* Distribución en planta.

* Mellora do método.

Control de calidade:

* Medición dos parámetros de calidade mediante autocontrol e control.

* Anotación dos resultados para obter datos estatísticos.

Contidos conceptuais

Industria da confección:

* Organización da empresa: estructuras funcionais.

* Procesos de fabricación: tipos e características.

* Transformación que sofre a materia prima nas distintas seccións.

* Procesos de confección industrial e á medida.

Planificación da producción:

* Características e parámetros que definen unha peza de roupa (estéticos, ambientais, económicos, técnicos...).

* Proporcións anatómicas e talles normalizados españois (home, muller, nenos). TNE.

* Simboloxía da patronaxe: sinais interiores e exteriores que permitan a súa interpretación.

* A producción: obxectivos.

* A comercialización:

-Sistemas.

-Estructuras.

-Calendario de coleccións.

-Evolución e tendencias.

* Custo final da peza de roupa: factores que interveñen.

* Parámetros usados na documentación que se xunta ós artigos.

Maquinaria de confección:

* Máquinas e equipos: partes fundamentais, aplicacións, posta a punto e mantemento.

* Secuencia, características e maquinaria para empregar nas operacións de: corte, ensamblaxe e acabamentos.

* Tipos de puntadas e costuras.

Enxeñería de fabricación:

* Métodos de traballo.

* Mellora dos métodos de traballo.

* Sistemas de medidas de tempos de fabricación.

* Equilibrado de cadeas de producción.

* Distribución en planta.

Control de calidade:

* A calidade:

-Control e autocontrol.

-Útiles e medios empregados.

Contidos actitudinais

* Aceptación do sistema organizativo das empresas.

* Conciencia de seguir unha disciplina de traballo e de mellora do método establecido.

* Esforzo por adaptarse ó sistema productivo da empresa e por consegui-los niveis de calidade establecidos.

* Rigor na interpretación e uso da simboloxía empregada na patronaxe e na confección.

* Colaboración na consecución dos obxectivos marcados para a producción dun producto.

* Receptividade ós cambios que na producción xeran as modificacións propias das distintas temporadas.

3.3.4. Módulo profesional 7: seguridade na industria téxtil, de confección e de pel:

Capacidades terminais elementais

* Comparar plans de seguridade e hixiene de empresas do sector téxtil, confección e pel, identificando os aspectos máis salientables de cada un deles.

* Describi-los factores e situacións de risco para a saúde e a seguridade recollidos nos plans de seguridade e hixiene.

* Distingui-las funcións dos responsables da seguridade en caso de urxencia.

* Relaciona-las medidas preventivas adecuadas para evitar accidentes.

* Identificar dereitos e deberes do empregado e da empresa en materia de seguridade e hixiene.

* Relacionar e describir normas de limpeza, orde no contorno, simboloxía e situación física de sinais e alarmas, equipos contra incendios, así como equipos de curas e primeiros auxilios.

* Identificar normas de detención e manipulación de máquinas e instalacións.

* Valora-las normas de distintos plans de seguridade e hixiene, comparándoas coa lexislación vixente.

* Enumera-los diferentes tipos de sistemas para a extinción de incendios, describindo as propiedades das roupas e equipos de protección persoal.

* Describi-los sinais e alarmas regulamentarios para indicar lugares ou situacións de risco e/ou urxencia.

* Analiza-las características dos equipos empregados para a realización de curas, primeiros auxilios e traslado de persoas accidentadas.

* Describi-la forma de utilización dos distintos equipos de extinción de incendios en función do tipo de incendio.

* Describir e utilizar correctamente os equipos de protección persoal, valorando a importancia da súa utilización.

* Describi-la forma de realizar unha evacuación segundo as normas e tempos establecidos.

* Identificar e describi-las causas de accidentes, os factores de risco e as medidas preventivas destinadas a evitalos.

* Avalia-las responsabilidades da empresa e do traballador nos accidentes.

* Identifica-las fontes de contaminación ambiental relacionando os dispositivos de control necesarios para detecta-los contaminantes.

* Describi-los medios de control de entradas e saídas de productos (sólidos, líquidos e/ou gasosos), empregados nos distintos procesos de producción téxtil, confección e pel, identificando a forma en que estas industrias depuran substancias perigosas para o ambiente.

* Describi-las normas de hixiene para evitar contaminar e/ou contaminarse.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Factores e situacións de risco:

* Identificación das situacións de risco.

* Enumeración das causas que producen o risco.

* Observación e valoración do risco.

* Identificación da normativa aplicable.

* Propostas de actuacións preventivas e de protección.

Situacións de urxencia:

* Identificación da magnitude da urxencia.

* Establecemento das intervencións prioritarias.

* Comunicación da urxencia.

* Execución das tarefas fixadas no plan de seguridade.

* Identificación da magnitude e do tipo de lume.

* Selección dos equipos de extinción e das medidas de protección persoal.

* Determinación das medidas de evacuación e seguridade.

Normativa vixente:

* Análise e avaliación entre as diferentes normativas aplicables en materia de seguridade ó sector do téxtil, confección e pel.

* Identificación das fontes contaminantes.

* Descrición e aplicación dos medios de control necesarios para evita-la contaminación.

Contidos conceptuais

Plans e normas de seguridade:

* A política de seguridade nas empresas.

* As normas sobre simboloxía e situación física de sinais.

* A organización e a responsabilidade dos traballadores en situación de urxencia.

* As condicións de almacenaxe de productos perigosos.

* As normas de limpeza e orde no posto de traballo.

Factores e situacións de risco:

* Os axentes xeradores de risco: concepto, tipos e características.

* Os métodos de prevención: concepto, tipos e características.

* A protección nas máquinas e instalacións: características.

* Os sistemas de ventilación: concepto, tipos e características.

Situacións de urxencia:

* A extinción de incendios: concepto, tipos e características.

* As medidas de evacuación: concepto, tipos e características.

* O traslado de accidentados: concepto, tipos e características.

Normativa vixente:

* Normativa europea, estatal e autonómica sobre seguridade no sector téxtil, confección e pel.

* Normativa europea, estatal e autonómica sobre seguridade ambiental do sector téxtil, confección e pel.

Contidos actitudinais

* Ser conscientes da importancia que para a saúde, o ambiente e a seguridade no traballo ten o cumprimento das normas de seguridade e hixiene establecidas.

* Decisión nas actuacións destinadas a evitar ou minimizar danos persoais e/ou nas instalacións, en caso de que se produzan accidentes laborais.

* Colaboración solidaria cos grupos de rescate en caso de urxencia.

* Capacidade persoal de reacción inmediata ante situacións de urxencia.

3.3.5. Módulo profesional 8: relacións no equipo de traballo:

Capacidades terminais elementais

* Describi-las diferentes vías e sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e transmitir instruccións e información.

* Utilizar de maneira eficaz as técnicas de comunicación orais e escritas.

* Analiza-las relacións humanas en xeral e as relacións humanas no ámbito laboral ou relacións laborais en particular.

* Analiza-los conflictos e resolver, no ámbito das súas competencias, problemas que se orixinan no contorno dun grupo de traballo.

* Integrarse nun equipo de traballo unificando e coordinando as necesidades do grupo nuns obxectivos, políticas e/ou directrices predeterminadas.

* Participar e/ou moderar reunións, colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Impulsa-lo proceso de motivación e analiza-la súa influencia no clima laboral.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

A comunicación na empresa:

* Elaboración de documentos a partir de datos concretos.

* Utilización das diferentes formas e tipos de envío de información e documentación.

* Descrición das fases que compoñen unha entrevista persoal con fins publicitarios.

* Identifica-las alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe, na que existe disparidade entre o emitido e o percibido.

Negociación e solución de problemas:

* Identificación dos problemas, factores e causas que xeran un conflicto.

* Discriminar entre datos e opinións.

* Distingui-las diferentes posturas e intereses que poden existir entre os traballadores e a dirección dunha organización.

* Presentación clara e ordenada do proceso seguido e os resultados obtidos na resolución dun problema.

Equipos de traballo:

* Busca de información e análise dela, referida á formación e funcionamento de grupos.

* Identificación das pautas de conducta que deben adopta-los participantes dun grupo de traballo.

* Exposición das ideas propias de maneira clara e concisa.

* Aplicación das técnicas para a dinamización de grupos.

* Descrición da tipoloxía de participantes dunha reunión.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral:

* Analiza-la actitude humana ante o traballo.

* Detecta-lo proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación das diferencias entre as principais teorías sobre a motivación.

* Distingui-los factores que contribúen á creación dun clima laboral positivo dos que xerarían un clima laboral negativo.

Contidos conceptuais

A comunicación na empresa:

* Tipos de comunicación.

* Técnicas de comunicación.

* Comunicación oral e escrita de instruccións.

* A mensaxe publicitaria.

* A comunicación como xeradora de comportamentos.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

Negociación e solución de problemas:

* Concepto e elementos dunha negociación.

* Tácticas negociadoras.

* Proceso de resolución de problemas.

* Aplicación dos métodos máis usuais para a resolución de problemas e a toma de decisións en grupo.

As relacións humanas:

* As relacións humanas: a personalidade, as actitudes, os prexuízos, a solidariedade.

* As relacións laborais: teoría de Taylor, Ford, Mayo.

* As relacións humanas na empresa.

Equipos de traballo:

* Características dos grupos formais e informais.

* Tipos de grupos e de metodoloxías do traballo en grupo.

* Roles dos comportamentos.

* Técnicas de dinamización e dirección de grupos.

* A reunión como traballo en grupo. Tipos de reunións.

Motivación no contorno laboral:

* Concepto de motivación.

* Principais teorías da motivación.

* O clima laboral.

* O clima laboral e a súa influencia na productividade da empresa.

Contidos actitudinais

A comunicación na empresa:

* Logra-la práctica da comunicación efectiva.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilita-la súa comprensión.

* Capacidade para escoitar.

* Afacerse a falar en público.

* Reacción de forma creativa ante as barreiras comunicativas.

Negociación e solución de problemas:

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Comportamento de maneira responsable e coherente.

* Predisposición responsable para acepta-la toma de decisión que o grupo considere como máis idónea.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

Equipos de traballo:

* Recoñece-las vantaxes do traballo en grupo fronte ó individual.

* Adaptarse e integrarse nun equipo de traballo colaborando, dirixindo ou cumprindo as ordes segundo os casos.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

* Fomento do uso de reunións participativas.

Motivación no contorno laboral:

* Recoñecemento da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Interese pola problemática que pode suscita-la falta de motivación e interese no traballo.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Sensibilización ante a necesidade de utilizar sistemas creativos e humanos no contorno de traballo.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo:

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

1.Realiza-la revisión e posta a punto dos materiais, máquinas e equipos de producción para a confección de roupa e artigos téxtiles e de pel.* Interpretar fichas técnicas de producción e os procedementos de traballo.

* Identifica-las materias, o producto e os compoñentes para combinar.

* Identificar, a partir da ficha técnica, as máquinas e accesorios necesarios para a realización do proceso productivo.

* Prepara-la mesa e o equipo de estendedura.
* Prepara-los equipos de corte e realiza-la posta a punto das máquinas segundo as instalacións da empresa (convencional, por cuño, automático, manual).
* Realizar probas de corte e reaxusta-los parámetros de acordo cos resultados obtidos.
* Realiza-lo mantemento básico de máquinas e equipos de corte:
-Detectar fallos e anomalías.
-Substituír elementos desgastados ou avariados.
-Mante-las normas de seguridade establecidas.
* Verifica-los paramentos da máquina de termofixar.
* Realizar probas de termofixación e reaxusta-los parámetros segundo os resultados obtidos.
* Adaptar e regula-las máquinas de coser para o traballo que se realice.
* Realizar probas de costura e reaxusta-los parámetros de acordo cos resultados obtidos.
* Identifica-lo producto, os materiais, o tipo de preparación e a secuencia de operacións de ensamblaxe.
* Realiza-lo mantemento básico de máquinas e equipo de ensamblaxe:
-Detectar fallos e anomalías.
-Substituír elementos desgastados ou avariados.
-Mante-las normas de seguridade establecidas.
* Prepara-las máquinas e equipos de acabamentos segundo as especificacións do proceso.
* Realizar probas de acabamentos e reaxusta-los parámetros das máquinas de acordo cos resultados obtidos.
* Realiza-lo mantemento básico de máquinas e equipos de acabamento:
-Detectar fallos e anomalías:
-Substituír elementos desgastados ou avariados.
-Mante-las normas de seguridade establecidas.

2.Levar a cabo a confección de roupa ou artigos operando con máquinas e equipos de corte, ensamblaxe e acabamento, adoptando o sistema de traballo utilizado na empresa.* Estende-lo material para cortar mantendo as normas de seguridade.

* Observa-la perfecta colocación das distintas camadas estendidas e corrixi-los fallos.

* Distribuí-los patróns manualmente ou mediante un programa informático adecuado, de acordo co sistema de corte e a orde de producción, tendo en conta as características do material, talles, modelos e número de pezas, obtendo o rendemento proposto.

* Traza-lo perfil dos patróns sobre o papel ou o material, anotando os seus datos identificativos:
-Executa-lo corte coa maquinaria correspondente pondo especial atención nas medidas de seguridade persoal.
-Revisar e identificar con etiquetas tódalas pezas resultantes do corte e forma-los paquetes con elas.
-Termofixar compoñentes cumprindo as normas de seguridade persoal.
-Realizar pasadas a ferro intermedias.
-Incorporar elementos ornamentais.
-Realiza-la ensamblaxe dos distintos compoñentes da peza ou artigo, seguindo os procedementos establecidos, verificando a calidade das unións e seguindo as normas de seguridade persoal adecuadas.
-Realiza-los acabamentos finais de roupa ou artigos, observando as normas de seguridade persoal.
-Aplica-los procedementos de control de calidade estipulados.

3.Aplica-las normas e procedementos sobre seguridade hixiene e ambiente.* Seleccionar e usa-las roupas e equipos de protección individual.

* Identifica-los riscos asociados ás instalacións e equipos da empresa.

* Aplica-las normas de seguridade establecidas para o mantemento das instalacións.

4.Integrarse técnica e socialmente na empresa tendo un comportamento responsable.* Adaptarse ás características do centro de traballo, actuando con responsabilidade e respectando a normativa legal e as condicións de seguridade.

Capacidades terminais elementaisActividades formativas de referencia

* Traballar en equipo adoptando unha actitude participativa.
* Realiza-las tarefas axustándose ós métodos de traballo da empresa, adaptando os coñecementos obtidos no centro educativo.
* Detectar anomalías, identifica-las causas e propor posibles solucións.
* Interpretar e expresa-la información coa terminoloxía e simboloxía propias do sector productivo en que se atopa.
* Identifica-las características da empresa, os equipos técnicos de que se dispón e as tarefas que se desenvolven nela, calculando as posibilidades que pode ofrecer no ámbito profesional.
* Mante-la orde e limpeza no seu posto de traballo.
* Valora-los coñecementos adquiridos no centro educativo e aplicalos na empresa.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral:

Capacidades terminais elementais

* Analiza-las situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afecta-la saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de riscos existentes.

* Analiza-las actuacións que hai que seguir no caso de accidentes de traballo.

* Aplica-las medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analiza-las formas e procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analiza-las propias capacidades e intereses así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identifica-lo proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identifica-las ofertas de traballo no sector productivo referido ós seus intereses.

* Analiza-los dereitos e obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describi-lo sistema de protección social.

* Analiza-la evolución socio-económica do sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral:

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais:

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias deste.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas así como investigación e temporalización dos seus plans de estudios.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral:

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais:

* Dereito laboral nacional e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos

* Conflictos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral:

* Mercado de traballo.

* A autoorientación profesional.

* O proceso da busca de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos/profesionalizadores.

O sector productivo na Comunidade Autónoma de Galicia:

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do ambiente como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respecta-las disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración da necesidade do cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferencias socioculturais e trato non discriminatorio en tódolos aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para adaptarse ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Profesorado:

4.1.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de confección:

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Técnicas de corte de tecidos e pelesPatronaxe e confecciónProfesor técnico de FP

2Técnicas de ensamblaxePatronaxe e confecciónProfesor técnico de FP

3Acabamentos de confecciónPatronaxe e confección

Producción téxtil e tratamentos fisicoquímicos

Profesor técnico de FP

Profesor técnico de FP

4Materias téxtilesProcesos e productos de téxtil, confección e pelProfesor de ensino secundario

5Pel e coiroProcesos e productos de téxtil, confección e pelProfesor de ensino secundario

6Productos e procesos de confecciónProcesos e productos de téxtil, confección e pelProfesor de ensino secundario

7Seguridade na industria téxtil, confección e pelProcesos e productos de téxtil, confección e pelProfesor de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

8Relacións no equipo de traballoFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

9Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesor de ensino secundario

4.1.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto:

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesor de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas, licenciado en ciencias empresariais, licenciado en ciencias actuariais e financeiras, licenciado en economía, licenciado en investigación e técnicas de mercado, diplomado en ciencias empresariais e diplomado en xestión e administración pública.

4.1.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia:

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o R.D. 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos e productos de téxtil, confección e pel-Enxeñeiro técnico industrial, especialidade téxtil

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesores de técnicos de formación profesional deste título son as que figuran na táboa.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Patronaxe e confección-Técnico superior en procesos de confección industrial-Técnico superior en patronaxe

4.2. Requisitos mínimos de espacios e instalacións para impartir estas ensinanzas:

De conformidade co establecido no R.D. 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao medio de confección require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espacios mínimos:

Espacio formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Laboratorio de ensaios60 m60 m15%

Taller de confección240 m180 m60%

Aula polivalente60 m40 m25%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ó número de postos escolares establecido no artigo 35 do R.D. 1004/1991, do 14 de xuño. Poderán autorizarse unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reduci-los espacios formativos proporcionalmente ó número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espacio prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espacios formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas ós espacios formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non debe interpretarse que os diversos espacios formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.3. Validacións e correspondencias:

4.3.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional:

* Técnicas de corte de tecidos e peles.

* Técnicas de ensamblaxe.

* Acabamentos de confección.

4.3.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral:

* Técnicas de corte de tecidos e peles.

* Técnicas de ensamblaxe.

* Acabamentos de confección.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4. Distribución horaria:

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse da seguinte forma:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

105Técnicas de corte de tecidos e peles

240Técnicas de ensamblaxe

105Acabamentos de confección

80Materias téxtiles

55Pel e coiro

160Productos e procesos de confección

55Seguridade na industria téxtil, de confección e de pel

55Relacións no equipo de traballo

55Formación e orientación laboral

Horas totaisDenominación dos módulos

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 50, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.