Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, en sesión do 24 de febreiro do ano que corre, o estudio de detalle nº 5 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 44.3º do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.
Inserirase este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia, e o período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Vilanova de Arousa, 2 de marzo de 2000.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde