Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA

EDICTO.

Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación, en sesión do 14 de febreiro do ano en curso, a modificación puntual nº 5 das normas subsidiarias de planeamento do Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examanido e formularse contra el cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.

Este edicto inserirase no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia. O período para exame e presentación de reclamacións iniciarase, en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Vilanova de Arousa, 23 de febreiro de 2000.

Gonzalo Durán Hermida

Alcalde