Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do día vinte de xaneiro do ano dous mil, aprobou definitivamente o estudio de detalle da unidade de execución de Cirro-Veigue, presentado por Febesa, propietaria única dos terreos.

O devandito acordo pon fin á vía administrativa, e contra el poderá interpoñer recurso de reposición ante o Pleno da Corporación, dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.

Contra a desestimación expresa ou presunta do recurso de reposición referido poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da provincia, no prazo

de dous meses contados desde o día seguinte ó da recepción da notificación da desestimación, cando esta sexa expresa, ou no prazo de seis meses contados desde o día seguinte a aquel en que o referido recurso de reposición teña que entenderse desestimado de forma presunta.

Non obstante, poderá interpoñer calquera outro recurso que considere conveniente.

Sada, 23 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado