Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.024

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

Rematado o prazo de información pública, logo de anuncio no DOG e no xornal El Ideal Gallego, sen que se teñan presentado alegacións, apróbase definitivamente por decreto da Alcaldía, do 23 de febreiro de 2000, o proxecto de urbanización da unidade de execución U.A.8 (U.E.I.-13).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá recorrerse potestativamente en reposición perante a Alcaldía do Concello de Sada, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, ou ser impugnada directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución.

Non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente ou se produza a desestimación presunta polo transcurso dun mes sen resolverse o recurso de reposición interposto.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer calquera outro que coiden pertinente.

Sada, 23 de febreiro de 2000.

O alcalde

Rubricado