Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (380/1999).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión do día 24 de febreiro do ano 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de compensación do SU-32 Polígono 5 B do PXOU de Ourense a instancia de Manuel Fernández González en representación de Viñafersa, S.L. condicionado á aceptación pola promotora da valoración efectuada polos servicios técnicos municipais da porcentaxe de aproveitamento urbanístico lucrativo que lle corresponda a este concello (10.112.000 ptas.) e á corrección do proxecto de compensación nos aspectos afectados pola dita valoración antes da súa aprobación definitiva.

De conformidade co disposto no artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte á ultima publicación oficial deste anun

cio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que estimen pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 10 de marzo de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde