Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 58 Xoves, 23 de marzo de 2000 Páx. 4.023

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO.

A Alcaldía-Presidencia, mediante Decreto do 2 de febreiro de 2000, aprobou inicialmente o estudio de detalle presentado por Ramón González Pombo e Hijos, S.A., que comprende unha parcela situada na rúa Bernardo Vázquez na súa confluencia coa rúa en proxecto co SAU 4, en Nigrán.

Durante o prazo dun mes exponse ó público o expediente co obxecto de que poida examinarse o expediente e, se é o caso, se formulen as alegacións pertinentes. Ó mesmo tempo acordouse a suspensión das licencias no expresado ámbito, ata a aprobación definitiva.

Nigrán, 3 de febreiro de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde