Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE REDONDELA

ANUNCIO.

Aprobado por Resolución da Alcaldía de data de hoxe o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso, con procedemento aberto e trámite ordinario, para contrata-la prestación do servicio de recolla, internamento, manutención e control hixiénico-sanitario dos cans abandonados no Concello de Redondela, exponse ó público por prazo de 8 días contados a partir do seguinte hábil ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Simultaneamente anúnciase o concurso, ben que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Redondela (Pontevedra).

b) Dependencia: Sanidade.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: contratación da prestación do servicio de recolla, internamento, manutención e control hixiénico-sanitario dos cans abandonados no Concello de Redondela.

b) Lotes: non.

c) Lugar de execución: Redondela (Pontevedra).

d) Prazo de execución: 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 3.100.000 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento máximo do contrato.

b) Definitiva: 4% do orzamento máximo do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Redondela (Negociado de Sanidade).

b) Domicilio: Alfonso XII, nº 2.

c) Localidade e código postal: Redondela, 36800.

d) Teléfono: 986 40 03 00.

e) Telefax: 986 40 38 94.

f) Data límite de obtención de documentación e información: ata o día de remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros: acreditar solvencia económica, financeira e técnica profesional.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: 26 días naturais contados a partir do seguinte ó da derradeira publicación deste anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia.

Se o último día do prazo cadrara en sábado ou inhábil entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: Concello de Redondela.

-Domicilio: Alfonso XII, 2.

-Localidade e código postal: Redondela 36800.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses contados desde a apertura de proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Redondela.

b) Domicilio: Alfonso XII, 2.

c) Localidade: Redondela (Pontevedra).

d) Data: o día seguinte hábil, non sábado, ó do remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións.

O modelo de proposicións axustarase á cláusula 11ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Redondela, 29 de febreiro de 2000.

Xaime Rei Barreiro

Alcalde