Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE GUNTÍN DE PALLARES

INFORMACIÓN pública.

Aprobado inicialmente o prego de cláusulas económico-administrativas, que rexerá na contratación que se menciona no presente edicto, en Pleno de data 30-12-1999, faise público que poderán ser obxecto de exame e reclamacións, na secretaría deste concello, durante o período de oito (8) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente no BOP ou DOG de conformidade co establecido no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Igualmente e, coa excepción do disposto no 122.2º do 781/1986, anúnciase a contratación dos traballos de consultoría e asistencia consistentes na redacción do plan xeral de ordenación municipal no Concello de Guntín de Pallares.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Guntín, dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto: execución por contrata dos traballos de consultoría e asistencia consistentes na redacción do plan xeral ordenación municipal no Concello de Guntín de Pallares.

3. Prazo de execución final: 30 outubro de 2002.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

5. Orzamento base de licitación: 9.801.000 pesetas.

6. Garantías:

Provisional: 2% (dous por cento do orzamento de licitación, que supón 196.120 pesetas).

Definitiva: 4% (catro por cento da adxudicación).

7. Obtención de documentación e información:

Entidade: Concello de Guntín. Rúa Estrada de Santiago, nº 12; C.P. 27.211. Teléfono: 982 32 00 01. Fax: 982 32 00 88.

Data límite de obtención de información: día hábil anterior ó de finalización do prazo de presentación de ofertas.

8. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8.1. Outros requisitos: os especificados no prego de cláusulas.

9. Presentación de ofertas:

Data límite: 26 (vinteseis) días naturais desde o seguinte ó da publicación do presente anuncio no BOP ou DOG. Se o último fose inhábil ou sábado, o prazo finalizará o primeiro día hábil seguinte.

9.1. Documentación que se presentará: a que sinala o prego de condicións.

9.2. Lugar de presentación: Concello de Guntín (rexistro xeral, de 10 a 14 horas). Admítense as propostas presentadas por correo, dentro do mesmo prazo, pero o empresario deberá xustifica-la data da imposición do envío na oficina de correos, anunciando o concello a remisión de oferta mediante fax, télex, ou telegrama, no mesmo prazo.

Igualmente serán admitidas aquelas que o efectúen nos organismos regulamentariamente establecidos para o efecto, debendo en todo caso, notificalo na forma sinalada anteriormente.

Datos do lugar de presentación: figuran no punto 7.

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

9.3. Apertura de documentación: 3º día hábil (agás sábados) seguinte ó do remate do prazo de presentación ás 12 horas, pola mesa de contratación na sede do concello.

10. Outras informacións: Concello de Guntín: Secretaría.

11. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Guntín de Pallares, 28 de febreiro de 2000.

Jesús Carreira Ferreiro

Alcalde