Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Mércores, 22 de marzo de 2000 Páx. 3.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de marzo de 2000 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación da subministración de prendas de uniformidade e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 00/1525 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de pezas de roupa de uniformidade e de traballo con destino ó persoal subalterno, conductores e operarios da Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de entrega: vestiario de verán e do F.I. Emilio Romay: 31 de maio de 2000. Vestiario de inverno: 30 de setembro de 2000.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 8.538.100 ptas.=51.315,01 euros, que se desagrega en 7 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de cada lote.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 9 de marzo de 2000.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña