Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2000, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas do concurso público 2DP/2000 que ten por obxecto a adquisición de material de incontinencia urinaria.

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21-4-1998 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións en órganos centrais e periféricos e para lle dar cumprimento ó previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlles publicidade ás adxudicacións do seguinte contrato de subministracións.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Provincial do Sergas da Coruña, rúa Durán Loriga nº 3.

c) Número de expediente: 2DP/2000.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de material de incontinencia urinaria.

Lotes:

Lote 1: empapador reutilizable de cama de 90 cm con faldróns.

Lote 2: absorbente incontinencia anatómico día.

Lote 3: absorbente incontinencia anatómico supernoite.

Lote 4: absorbente incontinencia anatómico con elásticos tamaño mediano e tamaño grande.

Lote 5: absorbente incontinencia anatómico con elásticos tamaño pequeno.

c) Anuncio de licitación publicado no BOE nº 288, do 2 de decembro de 1999 e no DOG nº 237, do 10 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Orzamento total: 88.197.000 ptas. (IVE incluído) (oitenta e oito millóns cento noventa e sete mil pesetas) (530.074,646 euros).

5. Adxudicacións:

a) Data: 10 de febreiro de 2000.

b) Contratistas:

Lote 1: Hollister Ibérica, S.A.

R/ Caleruega, 81 3ºA, 28033 Madrid.

Lote 2: Unitex-Hartmann.

Carrasco I Formiguera, 48, Mataró 08302 (Barcelona).

Lotes 3, 4 e 5: Id Médica España, S.A.

Praza Tirant lo Blanc, 3, 08005 Barcelona.

c) Nacionalidades:

d) Importe da adxudicación: 77.178.900 ptas. (463.854,531 euros).

Lote 1: 9.600.000 ptas.

Lote 2: 11.071.500 ptas.

Lote 3: 25.358.200 ptas.

Lote 4: 30.304.200 ptas.

Lote 5: 845.000 ptas.

A Coruña, 14 de febreiro de 2000.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña