Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 21 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo de referencia 270/1999 L, interposto pola Comunidade de Montes de Muimenta, Painceiros, Armonda e Lamosa.

Con data do 2 de febreiro de 2000, o presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra recibe do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra providencia do día 27 de xaneiro de 2000, pola que se admite o recurso contencioso-administrativo de referencia P. ordinario nº 270/1999 L, interposto pola Comunidade de Montes de Muimenta, Painceiros, Armonda e Lamosa contra resolución do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común con data do 13-10-1999, desestimatorio do recurso de reposición interposto contra Resolución con data do 21-7-1999, que acordou a inadmisión a trámite da solicitude de revisión de oficio do acordo do mesmo xurado con data do 3-6-1998, relativo ós montes Coto Deiras, Conla e Calvelo, do concello de Campo Lameiro.

De conformidade co disposto no artigo 48 e 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, esta presidencia acordou a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que quedan emprazadas para que poidan presentarse e comparecer en forma nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Pontevedra, no prazo de nove días.

Pontevedra, 21 de febreiro de 2000.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

Presidente do xurado