Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.871

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador E.N. 66/1999 (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada pola instructora no expediente que por infracción da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres, se están a tramitar nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 16 de febreiro de 2000.

José Luis Díez Yañez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO:

Expediente: E.N. 66/1999.

Denunciado: Bouzada Lastres, Silverio.

Último enderezo coñecido: Campos de San Martín, 33-A. O Grove.

Feito denunciado: ter instalados cinco carteis publicitarios no complexo intermareal Umia-O Grove, A Lanzada, Lagoa Bodeira e Punta Carreirón. Feitos denunciados o día 17 de setembro de 1999, no Vao, concello do Grove.

Precepto infrinxido: artigo 38.5º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Precepto sancionador: artigo 38.5º da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestres.

Sanción: 20.000 ptas.