Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.872

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións.

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación:

Adquisición do equipamento de moblaxe de hospitalización con destino ó Hospital Clínico de Santiago de Compostela.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-04/99.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe de hospitalización.

c) Lote: tres lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 4, do 8 de xaneiro e BOE nº 1, do 1 de xaneiro de 1999.

3.Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4.Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos cincuenta e un millóns trescentas catro mil catrocentas pesetas, IVE incluído (251.304.400 ptas., IVE incluído), 1.510.369,86 euros.

Lote nº 1: 173.066.400 ptas., 1.040,150,01 euros.

Lote nº 2: 38.131.200 ptas., 229.173,12 euros.

Lote nº 3: 34.556.000 ptas., 207.685,74 euros.

5.Adxudicación.

Lote nº 1: equipamento camas hospitalización.

a) Data: 20 de abril de 1999.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cento setenta e tres millóns sesenta e seis mil catrocentas pesetas, IVE incluído (173.066.400 ptas. IVE incluído), 1.040.150,01 euros.

Lote nº 2: equipamento de cadeiras de brazos doente.

a) Data: 8 de abril de 1999.

b) Contratista: Industrias Hidráulicas Pardo, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e oito millóns cento trinta e unha mil duascentas pesetas, IVE incluído (38.131.200 ptas, IVE incluído), 229.173,13 euros.

Lote nº 3: mesas hospitalización.

a) Data: 7 de abril de 1999.

b) Contratista: Medical Ibérica, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: trinta e catro millóns cincocentas cincuenta e seis mil pesetas, IVE incluído (34.556.000 ptas, IVE incluído), 207.685,74 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos