Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.867

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expedientes 32 e 35/1999).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 144 m de lonxitude, C.T. e R.B.T. no lugar de Pedrouzos-San Román, no termo municipal de Santiso (expediente 35/1999) e da liña eléctrica aérea a 20 kV de 526 m de lonxitude e C.T. no lugar de Marza-Ribeira, no termo municipal de Touro (expediente 32/1999), por resolucións desta delegación provincial con datas do 20 de xullo e 8 de setembro de 1999 respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 6 de abril de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Santiso e Touro, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas do 25 de marzo, 12 de marzo e 3 de marzo de 1999 e no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego con datas do 25 de marzo, 12 de marzo e 3 de marzo de 1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da

referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña