Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 215 m de lonxitude, C.T. e R.B.T. no lugar do Castro, no termo municipal de Boimorto (expediente 309/1998) e da liña eléctrica aérea a 20 kV de 695 m de lonxitude e C.T. no lugar de Outeiro, no termo municipal de Vedra (expediente 401/1998), por resolucións desta delegación provincial con datas do 8 de abril e 8 de setembro de 1999 respectivamente, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.
Esta delegación acorda sinala-lo día 4 de abril de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos dos concellos de Boimorto e Vedra, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego con datas do 21 de outubro, 8 de outubro e 3 de outubro de 1998 e no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego
con datas do 17 de febreiro, 2 de febreiro e 28 de xaneiro de 1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.
Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.
A Coruña, 23 de febreiro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña