Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Xílgaro.
Situación: Vigo.
Características técnicas: L.M.T. subterránea, a 15 kV, de 224 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña SD-M706, entre os CC.TT. Doutor Toscano e Sobreiro, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta, denominado Xílgaro, no concello de Vigo, rematando no punto de inicio da liña. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 112 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 18 de febreiro de 2000.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra