Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Martes, 21 de marzo de 2000 Páx. 3.868

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 58/1999).

Declarados de urxente ocupación os bens e dereitos afectados pola instalación da liña eléctrica aérea a 20 kV de 1.142 km de lonxitude, C.T. e R.B.T. no lugar da Rúa, no termo municipal de Oroso (expediente 58/1999), por resolución desta delegación provincial con data do 20 de setembro de 1999, a favor da entidade beneficiaria Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-lo día 11 de abril de 2000 para o levantamento das actas previas á ocupación de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edicto do concello de Oroso, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Ideal Gallego con datas do 19 de maio, 5 de maio e 22 de abril de 1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida casa do concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 23 de febreiro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña