Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.832

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILARMAIOR

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Vilarmaior.

2. Obxecto do contrato: urbanización do contorno da igrexa de Santa María de Doroña.

3. Prazo de execución: tres meses.

4. Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Tramitación: urxente.

5. Orzamento base de licitación: 7.192.000 pesetas (co IVE), 43.224,79 euros.

6. Garantías:

Provisional: 143.840 pesetas (864,50 euros).

Definitiva: 4% o importe de adxudicación.

7. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas.

8. Apertura das ofertas.

a) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas, agás sábados.

b) Hora: ás trece horas.

9. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Vilarmaior, 18 de febreiro de 2000.

José Benito Souto Lourido

Alcalde-presidente