Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.832

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 2 de febreiro de 2000, da Dependencia de Recadación de Oviedo, de notificación de providencia de constrinximento (B-22.290.949).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e intentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces sen que fose posible practicala por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante este anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos de procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de julio, nº 1 de Oviedo.

En virtude do anterior, dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados deberán comparecer, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de luns a venres das 9 ás 14 horas, na Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de julio, nº 1 de Oviedo, ou na delegación ou administración da Axencia Tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos ditos actos.

Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no dito prazo, a notificación se entenderá producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.

Oviedo, 2 de febreiro de 2000.

José Mª Menéndez Quintana

Xefe de Servicio de Recadación de Oviedo

Datos do contribuínte:

B-33.390.949.

Cañacel, S.L.

R/19 de Julio, 10, 3-8, Oviedo.

Concepto/descrición/Obx. Trib.:

sanción Exp.:1997/12-1997 Xus., Int. e RRLL.