Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Luns, 20 de marzo de 2000 Páx. 3.831

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de exposición pública do proxecto de compensación da (UE) V-AB do PERI IV-05 Travesía de Vigo-Aragón A e B (expediente 4193/401).

A Xunta de Compensación da unidade de execución (UE) V-AB do PERI IV-05 Travesía de

Vigo-Aragón A e B, con data do 20 de xaneiro de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de compensación da devandita unidade de execución, presentado no rexistro xeral da Xerencia Municipal de Urbanismo con data do 8 de febreiro.

De conformidade co establecido no artigo 133.8º, en relación co artigo 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o devandito proxecto a exposición pública polo prazo de vinte días desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que se presenten cantas alegacións ou documentos se consideren por convenientes.

O expediente atópase á disposición do público na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo (planta baixa do edificio da Xerencia).

Vigo, 15 de febreiro de 2000.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo